O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é pouco coñecido pero seguro que che son familiares as súas causas: ICTUS, traumatismos cranioencefálicos por accidentes, tumores cerebrais, falta de osíxeno por unha parada cardiorrespiratoria ou un afogamento etc. As secuelas, moitas veces invisibles, poden ser moi variadas.
O DCA chega de forma inesperada, sen avisar. Superados os primeiros momentos debemos pensar na rehabilitación, na recuperación e mantemento das capacidades e en volver á vida social e laboral. A atención inmediata e especializada por un equipo multidisciplinar é a mellor forma de acadalo.
Porque somos coma ti. Persoas e familias que pasamos por unha situación parecida. Sabemos o que se sente pero tamén o que precisas. As mesmas necesidades e inquedanzas foron as que nos levaron a organizarnos hai máis de 20 anos. Hoxe os nosos servizos atenden case todas as necesidades das persoas e familias.
O presidente provincial visitou a sede de Sarela acompañado da deputada responsable de Política Social, Mar García Vidal, para coñecer o funcionamento dos servizos e os principios de atención especializada ao Dano Cerebral de Sarela. Tras manter un encontro coas persoas usuarias e profesionais reuníronse con responsables da asociación na que analizaron os proxectos de cara ao futuro de Sarela.
23/04/2024
Reproducimos o manifesto reinvindicativo que, con motivo da celebración hoxe da Día Internacional da Muller, fai público a Fundación Cermi Mujeres, unha organización creada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) para a defensa e acción do pleno goce de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais das mulleres e nenas con discapacidade. Na fotografía da noticia, mulleres usuarias e profesionais de Sarela súmanse ao lema do manifesto “O futuro que queremos!”.
08/03/2024
A colaboración do concello fai posible o funcionamento deste punto de información nas dependencias municipais de Servizos Sociais Comunitarios (Estrada de Tanxil, 12) e que tamén atende á poboación Dodro e Lousame. Súmase aos da Estrada, Ribeira, Arzúa, Lalín e Mazaricos que xa viñan funcionando. A atención será gratuíta e con cita previa que se pode concertar no teléfono de Sarela 981 577 037 ou a través dos servizos sociais dos concellos.
26/02/2024
Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta de Sarela. A quinta edición desta travesía a nado na ría de Arousa celebrouse o 29 de xullo. A iniciativa naceu en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con DCA, que busca darlle visibilidade a esta discapacidade.
05/02/2024
Recibe novas no teu email