• asociación de dano cerebral de compostela sarela 1300x250

Sarela

Quen somos?

SARELA é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e que desenvolve o seu labor fundamentalmente nos concellos que configuran a área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Ten como obxectivos fundamentais promover a defensa conxunta dos dereitos destas persoas e familias; a súa integración e normalización social, e o seu coidado, asistencia e protección. Entre os fins principais da asociación tamén están os de orientación e información así como o de prevención do DCA e os seus efectos.

Actualmente a súa base social está formada por case 600 persoas entre socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e profesionais, que traballan para acadar a misión de mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e a das súas familias.

      

UNHA VIDA SALVADA MERECE SER VIVIDA... CON DIGNIDADE

Este é o lema que acompaña desde hai anos ao movemento asociativo vinculado ao dano cerebral adquirido. Nós queremos que o maior número de persoas nos acompañen nesta travesía que non disimulamos que é dura e difícil. É unha viaxe difícil, cansa ás veces, pero ao final terá a súa recompensa.

Pretendemos devolver a ilusión a aquelas persoas ás que a vida llela arrebatou, poñerlle cara ás ignoradas, dar voz a quen enmudeceu, levantar a quen caeu.

Imos recuperar o estatus da persoa e do cidadán para aqueles que só son número e estatística. Recuperar para eles e para elas o dereito de gozar dunha vida digna.

É por iso que, unha vez máis, pedímosche que nos acompañes, que compartas connosco eses valores e esa necesidade de axudar aos que non se poden axudar a si mesmos. Iso faranos máis grandes como persoas e máis fortes como grupo e como sociedade.

[Na sección TRANSPARENCIA  desta web podes acceder aos estatutos e demais información de interese sobre Sarela como son os seus orzamentos, memorias de actividades etc.]

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información