• asociación dano cerebral sarela banner 1300x250

Servizo de Información, orientación e apoio a familias

A información e o apoio ás familias cunha persoa con dano cerebral adquirido son fundamentais ao ter que afrontar unha nova realidade que chega de forma brusca e inesperada.

En Sarela proporcionamos toda a información necesaria sobre o DCA así como das ferramentas e recursos necesarios que lles permitan afrontar a súa nova situación e contribuír á mellora da calidade de vida. A asociación  tamén é unha rede social de apoio.

Atención individualizada

A nivel individual o equipo de profesionais de cada servizo (formado por psicólogas/neuropsicólogas, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, traballadoras sociais, educadoras sociais, logopedas e auxiliares) orientan ás persoas con DCA e ás familias en todas as súas dúbidas e necesidades específicas así como sobre recursos e prestacións sociais.

Actividades en grupo

Rede social de apoio

imaxe servizo informacion de sarela dano cerebral

Para as familias contar cunha rede de apoio é moi importante sobre todo para as persoas que son coidadoras principais. En Sarela as persoas socias organizaron grupos para facer xuntas actividades saudábeis como camiñadas, realizar algunha outra actividade de lecer e cultural, asistir a cursos de informática impartidas por algunha delas etc. O máis importante é que estas actividades exclusivas para familias son elixidas por elas en función dos seus intereses e que buscan unicamente o desfrute.

Outra das accións que realizan estas persoas é un sistema de intercambio de axuda para facilitar o día a día a outras familias. Deste xeito entre elas axúdanse á hora de facer trámites administrativos, acompañar en tempos á persoa con DCA etc.

Formación

Formación no servizo de información e apoio a familia con dano cerebral en Sarela

Desde o punto de vista da intervención en grupo organízanse diferentes actividades ás que asisten familiares nas que se ofrece información e orientación sobre temas relacionados co DCA (aspectos xerais, coidado físico, manexo de situacións difíciles etc). Estas actividades en grupo serven tamén para compartir experiencias, dúbidas, emocións etc.

Vida social

Imaxe actividade servizo de información de Sarela Dano Cerebral

No caso das persoas que son coidadoras dun familiar, as relacións sociais convértense nunha necesidade xa que o benestar propio repercute no mellor coidado da persoa con DCA. É por iso que buscamos actividades que se desenvolven nos distintos recursos comunitarios (como por exemplo nos centros socioculturais, centros deportivos etc) e promovemos a súa participación.

Puntos de información especializada sobre dano cerebral

Se precisas información sobre o Dano Cerebral Adquirido (secuelas, rehabilitación e coidados, trámites, recursos de atención etc) Sarela achégase a ti. Nos puntos de información que atendemos na área sanitaria podemos orientarte.

Se o prefires tamén podes chamar ao 981 577037 ou escribir ao correo para concertar unha cita no noso centro.

Na actualidade, ademais do noso centro, temos en funcionamentos os seguintes puntos informativos:

imagen de sarela centro de dia

HOSPITAL CLÍNICO DE SANTIAGO

Localizado no que se coñece como Espazo asociativo do paciente, alí serán atendidas por unha traballadora social de Sarela e recibirán información sobre o DCA, dos recursos existentes así como das posibles adaptacións a realizar no domicilio, que complementan a información dada no hospital.

Horario de atención: todos os mércores de 15:30 a 17:30 horas.

 

RIBEIRA -  HOSPITAL DA BARBANZA

O Hospital da Barbanza en Ribeira, o segundo grande hospital público da área sanitaria, tamén facilita a atención ás familias que teñan unha persoa hospitalizada cun dano cerebral adquirido. Dá servizo aos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Porto do Son.

Horario de atención: o primeiro venres de mes de 10:30 13:30 horas.

Prégase concertar cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

imagen dano cerebral adquirido

A ESTRADA - CENTRO DE SAÚDE

O novo Centro de Saúde da Estrada (Avenida Benito Vigo, 110) acolle o punto de información da comarca de Tabeirós e dá servizo ao concello da Estrada.

Horario de atención: o primeiro luns de mes de 10:00 a 13:00 horas.

Prégase concertar cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

imagen de sarela centro de dia

ARZÚA - SEDE DE SERVIZOS SOCIAS

A colaboración do Concello de Arzúa fai posible o funcionamente deste punto de información na sede de servizos sociais (rúa Consuela Agra, 6) e atende, ademais de a Arzúa, a Touro, Boimorto, Melide, Santiso, ToquesO Pino e Frades.

Horario de atención: o primeiro mércores de mes de10:00 a 13:00 horas.

Prégase concertar cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

LALÍN - LALÍN ARENA

O punto de información está situado no Lalín Arena (Avenida José Cuíña, 42) grazas á colaboración do Concello de Lalín.

Horario de atención: último mércores de mes de 10:30 a 13:30 horas.

Prégase concertar cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

imagen dano cerebral adquirido

MAZARICOS -  CASA DA CULTURA

O punto de información está situado no 1º andar da Casa da Cultura (A Picota) grazas á colaboración do Concello de Mazaricos. Dá servizo aos concellos de Mazaricos, Santa Comba, Muros, Outes e Carnota.

Horario de atención: todos os luns de 10:30 a 13:30 horas.

Prégase concertar cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

Intervención comunitaria

A intervención comunitaria traballa sobre o entorno co obxectivo de producir cambios que favorezan a inserción social e a capacitación, que melloren o grao de autonomía das persoas con DCA e as súas familias pero tamén das entidades e dos grupos que comparten un mesmo territorio. Contribuiremos deste xeito a fortalecer a comunidade como espazo preventivo: seremos máis eficaces se coordinamos actuacións e recursos e se informamos a través de grupos e redes.

Partindo disto Sarela realiza labores:

  • Organización de charlas informativas para diferentes públicos como por exemplo poboación en xeral, profesionais ou persoas coidadoras co obxectivo de achegar información sobre o dano cerebral, consellos sobre o coidado, recursos existentes etc.
  • Coordinación con profesionais de centros hospitalarios, centros de atención primaria e servizos sociais da área sanitaria de Santiago ao ser a “porta de entrada” para as persoas con DCA.
  • Recollida, valoración e actualización de información sobre recursos, axudas e lexislación referida a discapacidade e DCA.
  • Distribución de materiais informativos.
  • Campañas de sensibilización e prevención.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información