Os primeiros momentos tras unha lesión cerebral están cheos de dúbidas e incertezas ao ser unha situación repentina. O más importante é, dentro dese contexto de preocupación, manter a calma, observar como evoluciona a persoa e, cando haxa unha estabilización médica e se aproxime a alta hospitalaria, comezar a pensar nos seguintes pasos a seguir. Cada lesión cerebral é diferente polo que é moi difícil prever a evolución e o alcance dese dano.

En función da fase na que se atope a persoa estas son algunhas das recomendacións que damos:

Durante a h​ospitalización

  • Reclamar que sexa sempre o mesmo especialista quen informe, tendo en conta que xa serán varios ó longo de toda a fase hospitalaria, ó pasar por distintos servicios.

  • Solicitar dos profesionais toda a información que se precise.

  • No caso de que se dean situacións con causas ou consecuencias que teñan repercusións de tipo legal ou xurídico, laboral, indemnizacións, etc., cómpre contactar cun avogado especialista na materia en concreto.

Á hora de recibir a alta hospitalaria

  • Ter en conta que o informe de alta conteña o resumo do proceso asistencial do paciente asinado polo médico responsábel da atención durante a hospitalización.
  • Comprobar que estean concertadas citas de seguimento polas distintas especialidades que deban atender ao paciente.
  • Asegurarse de que se indique con claridade no informe de alta que tratamento rehabilitador se debe seguir.

Na volta á casa

  • Contactar co servizo de traballo social de atención especializada ou primaria e/ou  da asociación de dano cerebral que corresponda e solicitar información e apoio sobre a situación e necesidades do familiar con dano cerebral adquirido.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información