• Voluntariado-Dano-Cerebral-Sarela

Postos de acción voluntaria

VOLUNTARIADO PRESENCIAL

Estos son os postos de acción voluntaria nos que podes colaborar actualmente de forma presencial no noso centro ou no entorno comunitario:

SAÍDAS NO ENTORNO COMUNITARIO

Voluntariado virtual asociación dano cerebral sarela

Nº de prazas: 4

Modalidade: presencial

Descrición da actividade: as saídas no entorno comunitario forman parte das actividades que desenvolven nos diferentes servizos que oferta a entidade. As saídas que se realizan teñen diferentes temáticas (física, cultural, ocio etc) pero sempre co mesmo fin: a inclusión social das persoas con DCA e o desfrute dos recursos comunitarios que temos ao noso alcance como cidadáns e cidadás, dende un parque, o cine, un bar ou un museo.

Labor da persoa voluntaria: acompañamento e/ou apoio ás persoas con DCA que o precisen para levar a cabo a actividade organizada.

Horario: por definir. Depende sa planificación da actividade, polo xeral polas mañas, cun horario entre as 10:00 e as 13:00. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico voluntariado@sarela.org , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE DE OCIO

Voluntariado virtual dano cerebral sarela

Nº de prazas: 2

Modalidade: presencial.

Descrición da actividade: o ocio é parte fundamental da vida das persoas por iso as persoas usuarias dos servizos de Sarela poden elixir e xestionar o ocio segundo a súa elección e intereses persoais, en grupo ou de forma individual. As actividades de ocio das tardes, son diversas xa que depende dos gustos e preferencias da persoa usuaria. Algúns exemplos son os seguintes: partida de cartas , dominó, cine, paseos pola zona, costura, manexo do ordenador etc.

Labor da persoa voluntaria: tendo en conta as súas capacidades, algunhas persoas usuarias precisan de apoio de terceira persoa para preparación da actividade e incluso para poder realizar a mesma.

Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico voluntariado@sarela.org , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

Voluntariado Virtual

Estos son os postos de acción voluntaria a distancia nos que podes colaborar actualmente:

CAFÉ EXPRESS

Voluntariado virtual asociación dano cerebral sarela

Nº de prazas: 2

Modalidade: virtual

Descrición da actividade: “Café Express” é unha actividade na que as persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e voluntarias teñan un espazo onde poder charlar, compartir experiencias e coñecer a outras persoas.Esta actividade foi creada co obxectivo de fomentar as relación interpersoais, xa que, unha das consecuencias a nivel social e persoal do DCA é o illamento social.

Labor da persoa voluntaria: a persoa voluntaria compartiría o tempo dun “café” a través dunha aplicación de videochamada cunha persoa con DCA a que lle apeteza coñecer a novas persoas e compartir as súas experiencias.

Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer á organización da actividade.

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico  , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

ENGLISH BREAKFAST

Voluntariado virtual dano cerebral sarela

Nº de prazas: 2

Modalidade: virtual

Descrición da actividade: “English Breakfast” é unha actividade que busca dar resposta á inquedanza de aprender un novo idioma. Á busca de novos retos é algo que nos caracteriza a todos/as, e que nos mantén motivados e activos.

Labor da persoa voluntaria: Realizar pequenas clases de inglés básico online, para as persoas con DCA interesadas da entidade. A persoa voluntaria tería contacto co persoal de referencia, que lle indicaría as preferencias e as necesidades de cada persoa.

Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico  , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

“FALANDO DE TODO…”

Voluntariado virtual asociación dano cerebral sarela

Nº de prazas: 2

Modalidade: virtual

Descrición da actividade: “Falado de todo un pouco…” é un espazo onde debater, poñer en común e falar sobre diferentes contidos culturais: libros, películas, series, cancións…

A través desta actividade búscase o aprendizaxe mutuo e tamén nutrirse dos coñecementos e gustos de outras persoas, atopar intereses comúns e descubrir ao mesmo tempo novos contidos!

Labor da persoa voluntaria: a persoa voluntaria tería contacto cunha persoa, ou cun pequeno grupo de persoas, con DCA, para falar sobre un tema que acordaran previamente: unha película, un capítulo dunha serie, un artigo dunha revista,…

Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico  , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información