• respostas ao dano cerebral radio estrada sarela

Respostas ao Dano Cerebral en Radio Estrada

Sarela e Radio Estrada (107.7 da FM) colaboran desde xuño de 2019 no programa A Galería 2.0 presentado por Fran Campos para sensibilizar e informar sobre o Dano Cerebral. A través de entrevistas con profesionais da entidade, persoas usuarias dos nosos servizos, membros da xunta directiva, familiares etc abórdanse temas xerais e outros máis específicos sobre o DCA.

  • Programa 94 (13 de marzo 2024) - O traballo de mellora e mantemento da autonomía persoal en primeira persoa

  • Laura Sosa, persoa usuaria do servizo de Mapis, fala do camiño percorrido ata conseguir a confianza e habilidades que lle permitiron asistir, xunto con Ana Pedrosa (compañeira no mesmo servizo), a unha reunión no Senado representando a mulleres con dano cerebral. Na entrevista, a educadora social Noelia Parente dá a visión dunha profesional do servizo.

Loading Audio Player...

  • Programa 93 (21 de febreiro 2024) - O recoñecemento das persoas con discapacidade coa reforma da Constitución española.

  • Montse Terceiro, socia de Sarela con dano cerebral, dá a visión en primeira persoa da reforma constitucional que, entre outras medidas, elimina o termo diminuída/o para referirse ás persoas con discapacidade e pon o énfase sobre os dereito e deberes que teñen esas persoas como cidadás e cidadáns libres e iguais. Montse tamén fala do grupo de primeira persoa de Sarela e que está formado por persoas con dano cerebral para tomar a palabra e participar de forma directa nos espazos sociais de representación da entidade.

Loading Audio Player...

  • Programa 92 (13 de outubro 2023) - A disfaxia (problemas para tragar) e a adaptación dos alimentos

  • Sara Caballero, logopeda, fala da disfaxia que é  é a dificultade para tragar que teñen moitas persoas con dano cerebral adquirido e que tamén afecta a outras con alzhéimer, esclerose lateral amiotrófica etc, ou que tiveron distintos tipos de cancro que afectan á zona da lingua, beizos, larinxe, etc. Tamén explica as  alternativas teñen estas persoas para desfrutar da comida.

Loading Audio Player...

  • Programa 91 (11 de outubro 2023) - A intervención especializada no DCA infantil

  • Majo Hermida, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de Atención Especializada, fala da intervención específica con nenos e nenas con Dano Cerebral, da súa participación en aspectos da vida diaria como é escola, o lecer etc. 

Loading Audio Player...

  • Programa 90 (14 de xuño 2023) - Análise da situación asistencial e social do DCA e retos do movemento asociativo

  • Nesta entrevista Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de Fegadace, fai un repaso sobre a situación das persoas e familias con dano cerebral desde o punto de vista social, asistencial etc e fala dos retos inmediatos e estratéxicos do movemento asociativo, e en particular de Sarela.

Loading Audio Player...

  • Programa 89 (13 de abril de 2023) - Cales son os proxectos que desenvolve Sarela grazas á Xsolidaria, a recadación na declaración da renda destinada a actividades de interese social?

  • Laura Segade, traballadora social, fala os servizos e programas de atención ao Dano Cerebral de Sarela que son posibles en parte á achega a través do 0’7% do imposto recadado coa declaración da renda. Laura tamén aclara dúbidas sobre como marcar o cadro 106 na declaración, da posibilidade de, sen pagar máis nin desgravar menos, marcar tamén a da igrexa católica etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 88 (8 marzo de 2023) - O Servizo de Información, Orientación e Apoio a Familias.

  • Laura Segade, traballadora social, fala deste servizo, fundamental para ter unha información adecuada sobre o DCA, recursos existentes, apoio doutras familias etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 87 (10 de febreiro de 2023) - Presentación de o Blog de Sarela

  • Jose Suárez, persoa usuaria de Mapis, e Noelia Parente, educadora social, presentan o blog que administran as persoas usuarias dos servizos de Sarela: blogsarela.blogspot.com

Loading Audio Player...

  • Programa 86 (9 de xaneiro de 2023) - O Servizo de Atención Diúrna Terapéutica

  • Alba Mouzo, terapeuta ocupacional e coordinadora deste servizo, explica o funcionamento do centro de día e a importancia deste recurso de atención integral e especializada ás persoas con DCA en fase crónica ou de estabilización.

Loading Audio Player...

  • Programa 85 (9 de novembro de 2022) - Presentación de A Nosa Lareira

  • Olalla Domíguez, traballadora social, explica o proxecto de A Nosa Lareira, unha web destinada ás persoas coidadoras.

Loading Audio Player...

  • Programa 84 (19 de outubro 2022) - Camiño polo Dano Cerebral

  • Juan Martínez ten Dano Cerebral como consecuencia de un ictus. Xunto con Montse, Marta e Enrique realizan o Camiño de Santiago para dar visibilidade ao DCA. A entrevista tivo lugar o día da primeira etapa.

Loading Audio Player...

  • Programa 83 (8 de xuño 2022) - A planificación de actividades de lecer no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica

  • José Cebro, persoa usuaria, e Noelia Nieto, educadora social, explican como se planifica, o enfoque e se desenvolve unha saída de ocio no centro de día de Sarela.

Loading Audio Player...

  • Programa 82 (11 de maio 2022) - Nado polo dano cerebral

  • Montse Terceiro, persoa con DCA, explica este proxecto que busca promover a práctica da natación entre as persoas con dano cerebral e sensibilizar coa organización dunha travesía a nado.

Loading Audio Player...

  • Programa 81 (20 de abril 2022) - Os servizos e programas financiados a través da X Solidaria

  • Coincidindo co inicio do prazo para presentar a declaración da renda Laura Segade, traballadora social, explica como marcar o recadro de fins sociais axuda á atención de familias con Dano Cerebral.

Loading Audio Player...

  • Programa 80 (9 de marzo 2022) - A inserción sociolaboral das persoas con DCA

  • Noelia Parente, educadora social e orientadora laboral de Sarela, fala sobre a situación das persoas con DCA en idade laboral e do enfoque da traballo do Servizo de Orientación Laboral para acadar o obxectivo de que volvan traballar.

Loading Audio Player...

  • Programa 79 (9 de febreiro 2022) - Balance e obxectivos para 2022

  • Rocío García, psicóloga/neuropsicóloga e directora de Sarela, analiza os obxectivos de Sarela de cara ao ano actual.

Loading Audio Player...

  • Programa 78 (12 de xaneiro 2022) - Participación social e lecer

  • Noelia Nieto, educadora social, fala do valor do ocio e da participación social para as persoas con dano cerebral e de como se traballa desde os servizos de atención de Sarela para cubrir esta necesidade partindo da libre elección de cada persoa.

Loading Audio Player...

  • Programa 76 (1 de decembro 2021) - A experiencia de voluntariado en Sarela

  • Inés Arqued, que é voluntaria en Sarela, cóntanos as súas motivacións e explica en que consiste o traballo dunha persoa voluntarias nos nosos servizos.

Loading Audio Player...

  • Programa 75 (24 de novembro 2021) - O servizo de voluntariado de Sarela

  • Noelia Parente, educadora social, explica como coordinaroda do mesmo o funcionamento do Servizo de Voluntariado e Sarela.

Loading Audio Player...

  • Programa 74 (17 de novembro 2021) - Beneficios terapéuticos da posta en marcha dun horto urbano

  • Neste programa María José Abeijón, auxiliar de enfermería de Sarela, explica o enfoque de traballo e os beneficios que para unha persoa con Dano Cerebral ten poñer en marcha desde cero un horto urbano, neste caso no Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoa e Inclusión Social (MAPIS).

Loading Audio Player...

  • Programa 73 (10 de novembro 2021) - A visión dunha persoa con dano cerebral da reforma lexislativa da discapacidade

  • Ismael González ten dano cerebral e é usuario do centro de día de Sarela. Na entrevista dá a súa visión sobre a reforma lexislativa que modifica a capacidade de xurídica e de obrar das persoas con discapacidade e da que falamos no programa 65.

Loading Audio Player...

  • Programa 72 (3 de novembro 2021) - Ictus

  • Despois da celebración do Día do Ictus o 29 de outubro repasamos con Noelia Ouro (psicóloga-neuropsicóloga) cuestións clave desta enfermidade que é a primeira causa de Dano Cerebral.

Loading Audio Player...

  • Programa 71 (27 de outubro 2021) - Día do Dano Cerebral

  • Concha Otero, vicepresidenta de Sarela fala das actividades e reivindicacións do movemento asociativo na celebración do Día do Dano Cerebral que se centraron en reclamar unha rehabilitación especializada axeitada para as persoas e familias.

Loading Audio Player...

Loading Audio Player...

  • Programa 69 (13 de outubro 2021) - O acceso das familias á información sobre DCA a través dos puntos informativos

  • “Eu estaba “out” no hospital e miña irmá e meu cuñado foron os que entraron en contacto con Sarela a través do punto de información do Hospital Clínico e puiden recuperar parte da miña vida anterior”. Quen fala é José Manuel, que ten DCA e foi, até a alta, usuario do noso Servizo de Atención Especializada. El representa a importancia de achegar a información especializada ás familias e persoas con dano cerebral.

Loading Audio Player...

  • Programa 68 (6 de outubro 2021) - Ampliación dos puntos de información especializada en DCA

  • Laura Segade, traballadora social en Sarela, fala sobre a ampliación desta rede de puntos de información a Mazaricos e Lalín e que se suman aos de Ribeira, Arzúa e da Estrada.

Loading Audio Player...

  • Programa 67 (30 de xuño de 2021) - Facemos balance de tempada

  • Rocío Garcia (psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela) resume a situación vivida nos últimos meses derivada da pandemia e fala das expectativas que se abren a partir de agora.

Loading Audio Player...

  • Programa 66 (23 de xuño de 2021) - A fenda dixital e como afecta ás familias

  • Olalla Domínguez, traballadora social de Sarela, fala da limitación de oportunidades derivada da fenda dixital e como o estamos a afrontar as entidades de Dano Cerebral a través do proxecto “Stop Fenda Dixital”.

Loading Audio Player...

  • Programa 65 (16 de xuño 2021) - O novo réxime lexislativo da discapacidade

  • Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela, explica o alcalce da Lei  8/2021 de 2 de xuño, unha reforma lexislativa para o apoio ás persoas con discapacidade que remata coas incapacitacións xudiciais e modifica a capacidade de obrar dalgunhas destas persoas con discapacidade intelectual.

Loading Audio Player...

 

Programa 64

Aspectos xerais do Dano Cerebral Adquirido,  con Laura Segade (traballadora social de Sarela).

  • Programa 64 (9 de xuño 2021) - Aspectos xerais do dano cerebral adquirido
  • Baixar ficheiro

Programa 63.

O meu camiño cara a inserción laboral, con Diego Fernández (usuario do Servizo de Orientación Laboral de Sarela).

  • Programa 63 (2 de xuño 2021) - Diego Fernandez explica o seu camiño cara a inserción laboral
  • Baixar ficheiro

Programa 62.

A  busca activa de emprego das persoas con Dano Cerebral, con Noelia Parente (educadora social e coordinadora do Servizo de Orientación Laboral de Sarela).

  • Programa 62 (26 de maio 2021) - A busca activa de emprego
  • Baixar ficheiro

Programa 61.

A actividade de ioga online para familias, con Jorge Ferro (monitor de ioga) e Yolanda Cendón (usuaria da actividade).

  • Programa 61 (19 de maio 2021) - ioga online para familias
  • Baixar ficheiro

Programa 60.

Os beneficios da terapia acuática.  Antonio Calviño, usuario de Servizo de terapia acuática, e Laura Martínez, fisioterapeuta, explican os beneficios e forma de traballar na piscina adaptada de Sarela.

  • Programa 60 (12 de maio 2021) - Beneficios da terapia acuática
  • Baixar ficheiro

Programa 59.

A participación na vida asociativa.  Pura Otero, vogal da xunta directiva de Sarela, explica como a implicación no traballo asociativo é fundamental para mellorar a atención e defensa de dereitos das persoas con dano cerebral.

  • Programa 59 (5 de maio 2021) - A participación na vida asociativa
  • Baixar ficheiro

Programa 58.

A formación da persoa coidadora en primeira persoa.  Mercedes Picallo, coidadora de seu pai que ten dano cerebral como consecuencia dun ictus, fala da importancia de ter estratexias e coñecementos para o coidado e autocoidado.

  • Programa 58 (27 de abril 2021) - A formación da persoa coidadora en primeira persoa
  • Baixar ficheiro

Programa 57.

A importancia para as familias da formación sobre o dano cerebral, con Julia Lodeiro, psicóloga-neuropsicóloga de Sarela.

  • Programa 57 (14 de abril 2021) - A formación a familias sobre DCA
  • Baixar ficheiro

Programa 56.

Como  colaborar coas entidades sociais marcarndo a XSolidaria na declaración da rednda, con Laura Segade, traballadora social de Sarela.

  • Programa 56 (7 de abril 2021) - Como colaborar coas entidades sociais a través da declaración da renda
  • Baixar ficheiro

Programa 55.

O coidado e autocoidado das familias. A intervención en grupo, con Laura Segade, traballadora social de Sarela.

  • Programa 55 (24 de marzo 2021) - O coidado das familias. A intervención en grupo.
  • Baixar ficheiro

Programa 54.

A intervención psicolóxica/neuropsicolóxica  na rehabilitación do dano cerebral, con Junquera Novo , psicóloga/neuropsicóloga en Sarela.

  • Programa 54 (17 de marzo 2021) - A intervención psicolóxica/neuropsicolóxica
  • Baixar ficheiro

Programa 53.

A evolución na recuperación tras o dano cerebral contado en primeira persoa, con Montse Terceiro, persoa con DCA a causa dun ictus.

 

  • Programa 53 (10 de marzo 2021) - A evolución na recuperación tras o dano cerebral contada por Montse Terceiro, persoa con DCA a causa dun ictus.
  • Baixar ficheiro

Programa 52.

O enfoque de traballo no  Servizo de mellora e mantemento  da autonomía persoal e inclusión social (Mapis),  con Susana Suárez, fisioterapeuta de Sarela.

  • Programa 52 (3 de marzo 2021) - O enfoque de traballo no Serizo de mellora e mantemento da autonomía persoal e inclusión social (Mapis)
  • Baixar ficheiro

Programa 51.

A experiencia das persoas usuarias no Servizo de mellora e mantemento  da autonomía persoal e inclusión social (Mapis)  .  Víctor Almón e Jesús García, usuarios do servizo, contan  como cambiou o funcionamento do servizo durante a pandemia.

  • Programa 51 (24 de febreiro 2021) - Servizo de mellora e mantemento da autonomía persoa e inclusión social (Mapis) durante a pandemia
  • Baixar ficheiro

Programa 50.

A rehabilitación do dano cerebral infantil, con  Ana Ruiz (terapeura ocupacional e coordinadora do Servizo de Atención Especializada de Sarela).

  • Programa 50 (17 de febreiro 2021) - A rehabilitación do dano cerebral infantil
  • Baixar ficheiro

Programa 49.

O Dano Cerebral Infantil. Falamos con Paula Vázquez, nai dunha nena e un neno que asisten a Sarela, da atención temperá a menores, da continuidade na atención e da escolarización de nenos con dano cerebral, entre outros temas.

  • Programa 49 (10 de febreiro 2021) - Dano Cerebral infantil
  • Baixar ficheiro

Programa 48.

A rehabilitación levada ao entorno da persoa con dano cerebral. Majo Hermida, terapeuta ocupacional no Servizo de Atención Especializada, fala do proceso seguido en Sarela desde que a persoa é avaliada polo equipo de profesionais para coñecer as capacidades e necesidades das persoas con dano cerebral ata que finaliza o proceso de rehabilitación, onde é fundamental traballar no entorno no que a persoa fai a súa vida persoal, laboral ou de ocio.

  • Programa 48 (3 de febreiro 2021) - A rehabilitación levada ao entorno da persoa con dano cerebral
  • Baixar ficheiro

Programa 47.

A abordaxe integral  na rehabilitación do  dano cerebral.   Diego Marzoa  ten dano cerebral como consecuencia dun accidente de tráfico. Conta a súa experiencia no proceso de rehabilitación de cara a normalizar a súa vida .

  • Programa 47 (27 de xaneiro 2021) - A abordaxe integral na rehabilitación
  • Baixar ficheiro

Programa 46.

A inserción laboral das persoas con dano cerebral. Miguel Framil, usuario do Servizo de orientación laboral de Sarela,  fala   da súa experiencia persoal á hora de buscar emprego tras o dano cerebral.

  • Programa 46 (20 de xaneiro 2021) - Inserción laboral das persoas con DCA
  • Baixar ficheiro

Programa 45.

Falamos de Reiniciando, a canción que   Favorita   creou con motivo do 20 aniversario de Sarela. 

  • Programa 45 (13 de xaneiro 2021) - Reiniciando de Favorita
  • Baixar ficheiro

Programa 44.

Facemos un repaso, con Rocío García (psicóloga/neuropsicóloga e directora de Sarela) dos vinte anos de existencia da entidade: desde os motivos da súa creación, principais fitos etc.

  • Programa 44 (16 de decembro 2020) - 20 Aniversario de Sarela
  •  

     

  • Baixar ficheiro

Programa 43.

Falamos do CERMI Galicia, a plataforma de representación da cidadanía galega con discapacidade, co seu novo presidente Luciano Fernández (secretario de Sarela).

Programa 42.

Celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.   Con Noelia Parente, educadora social de Sarela.

  • Programa 42 (2 decembro 2020) - Noelia Parente - Día da Discapacidade
  • Baixar ficheiro

Programa 41.

A importancia da saúde oral nas persoas con dano cerebral.  Con Esther Sola, logopeda de Sarela.

  • Programa 41 (25 de novembro 2020) - Saúde Oral e Dano Cerebral
  • Baixar ficheiro

Programa 40.

Como afrontar os primeiros momentos do dano cerebral no hospital e na volta a casa.  Con Laura Segade, traballadora social de Sarela.

  • Programa 40 (18 de novembro 2020) - Que facer nos primeiros momentos do dano cerebral
  • Baixar ficheiro

Programa 39.

O voluntariado virtual como alternativa de colaboración en tempos de pandemia. Con Majo Hermida, responsable do Servizo de voluntariado de Sarela.

Programa 38.

A necesidade de tecer unha rede social de apoio para as familias con Dano Cerebral     con Teresa Vega, muller dunha persoa con DCA e usuaria do Servizo de información, apoio e información a familias.

Programa 37.

Día do Dano Cerebral.   Luciano Fernández, secretario de Sarela, fala da celebración do Día do Dano Cerebral en 2020 que se desenvolveu baixo o lema "Nun contexto difícil, seguimos construíndo dignidade".

Programa 36.

"A noite que todo cambiou. A vida con DCA". Concha Otero, vicepresidenta de Sarela,  presenta o seu libro  no que comparte a súa experiencia co dano cerebral adquirido despois do  ictus que sufriu seu marido Juan.

Programa 35.

O Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social a través da experiencia dunha familia dunha persoa usuaria. Con Fefa Rodríguez, muller dunha persoa con DCA.  

Programa 34.

O caso de Isaías e Lino Castro:   Isaías, que ten DCA como resultado dun accidente de tráfico, e seu pai Lino falan da súa experiencia e dan recomendacións para familias que teñan que facer fronte a esta situación.

  • Programa 34 (7 de outubro 2020) - O caso de Isaías e Lino Castro
  • Baixar ficheiro

Programa 33.

O caso de Braulio Caamaño: superou un ictus moi grave e tras a rehabilitación retoma a  súa actividade como profesor.

  • Programa 33 (29 de xullo 2020) - O caso de Braulio Caamaño
  • Baixar ficheiro

Programa 32.

A importancia da avaliación e rehabilitación individual.   Con Silvia Rodríguez,  súa nai, Catalina, non tivo rehabilitación no hospital e tivo que atrasar a rehabilitación en Sarela debido ao confinamento..

  • Programa 32 (22 de xullo 2020) - A importancia da avaliación e rehabilitación individual
  • Baixar ficheiro

Programa 31.

Rehabilitar no confinamento. Con Ana Ruiz, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de atención especializada de Sarela.

  • Programa 31 (15 de xullo 2020) - Rehabilitar no confinamento
  • Baixar ficheiro

Programa 30.

A experiencia das familias durante a pandemia. Con Concha Otero, familiar dunha persoa con DCA e vicepresidenta de Sarela.

  • Programa 30 (8 xullo 2020) - A experiencia das familias durante a pandemia
  • Baixar ficheiro

Programa 29.

COVID-19. Os efectos da corentena nas persoas con  Dano Cerebral Adquirido. Con Rocío García (psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela).

  • Programa 29 (1 xullo 2020) - COVID-19. Os efectos da corentena nas persoas con DCA e o regreso ás terapias individuais
  • Baixar ficheiro

Programa 28.

Os coidados: falamos con Rosa Lamela, coidadora principal dunha persoa con DCA.

Programa 27.

Servizo de mellora e mantemento da autonomía persoal e inclusión social (MAPIS)Ana Ruiz (terapeuta ocupacional) e Víctor Almón e Jesús García (usuarios) falan deste servizo enfocado ás persoas que rematan o seu período de rehabilitación

Programa 26.

20 aniversario de Sarela. Concha Otero, vicepresidente de Sarela, fai un resumo das actividades programadas con motivo do 20 aniversario da asociación.

  • Programa 26 (26 febreiro 2020) - 20 aniversario de Sarela
  • Baixar ficheiro

Programa 25.

Alimentación saudábel e  Dano Cerebral Adquirido. María Maceira (nutricionista de Sarela) explica como as secuelas do DCA poden influír na correcta alimentación da persoa e da importancia de facer unha intervención individualizada.

  • Programa 25 (19 febreiro 2020) - Entrevista a María Maceira, nutricionista.
  • Baixar ficheiro

Programa 24.

En primeira persoa: as dificultades para volver traballar tras o DCA. Con Vicente Maneiro, socio de Sarela con dano cerebral adquirido.

  • Programa 24 (12 febreiro 2020) - Entrevista a Vicente Maneiro, socio de Sarela
  • Baixar ficheiro

Programa 23.

Adaptacións no domicilio e axudas técnicas para o fomento da autonomía persoal.   Con Alba Mouzo, terapeuta ocupacional no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Sarela.

  • Programa 23 - (5 febreiro 2020) - Adaptacións no fogar e axudas técnicas para o fomento da autonomía persoal
  • Baixar ficheiro

Programa 22.

As secuelas de conduta e emocionais no dano cerebral adquirido.   Con Noelia Ouro, psicóloga-neuropsicóloga no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Sarela.

  • Programa 22 (29 xaneiro 2020) - As secuelas de conduta e emocionais no dano cerebral
  • Baixar ficheiro

Programa 20.

As secuelas cognitivas e a súa rehabilitación. Con Junquera Novo, psicóloga/neuropsicóloga no Servizo de Atención Especializada de Sarela.

  • Programa 20 (15 xaneiro 2020) - As secuelas cognitivas do DCA e súa rehabilitación.
  • Baixar ficheiro

Programa 19.

As secuelas físicas e a súa rehabilitación. Con Susana Suárez, fisioterapeuta na Servizo de Atención Especializada de Sarela.

  • Programa 19 (8 xaneiro 2020) - As secuelas físicas do DCA e súa rehabilitación.
  • Baixar ficheiro

Programa 18.

Voluntariado en Sarela. Con Majo Hermida, terapeuta ocupacional e responsable do programa de voluntariado. Falamos de aspectos prácticos como o marco normativo, formas de colaborar, do voluntariado realizado por persoas con dano cerebral etc.

Programa 17.

Violencia contra as mulleres e discapacidade.  Na semana do 25 de novembro, Día internacional da erradicación da violencia contras as mulleres, Rocío García (psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela) fala deste problema desde a perspectiva da discapacidade.

  • Programa 17 (27 novembro 2019) - Violencia contra as mulleres e discapacidade
  • Baixar ficheiro

Programa 16.

O Dano Cerebral Adquirido infantil. Con Rocío García, psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela.

Programa 15.

Información, orientación e apoio  á  familia. Olalla Domínguez, traballadora social de Sarela, fala da importancia de ter, á hora de afrontar a nova situación derivada do DCA, unha información adecuada sobre esta discapacidade, recursos existentes, apoio doutras familias etc.

  • Programa 15 (13 novembro 2019) - Información, orientación e apoio a familias.
  • Baixar ficheiro

Programa 14.

Terapia acuática. Con Majo Hermida, terapeuta ocupacional de Sarela. Falamos deste complemento terapéutico e lúdico ao proceso de rehabilitación.

Programa 13.

Conmemoración do Día do Ictus. Con Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela. Falamos da que é a primeira causa de DCA e de morte en Galicia.

Programa 12.

Conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido. Con Concha Otero, vicepresidente de Sarela, e Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) e de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral).

Programa 11.

Podemos volver traballar cun Dano Cerebral Adquirido?   Noelia Parente, educadora social e orientadora laboral en Sarela, fala das claves sobre a incorporación ao posto de traballo, opcións de inserción, compatibilizar prestacións sociais e emprego etc.

  • Programa 11 (16 outubro 2019) - Traballar despois dun DCA
  • Baixar ficheiro

Programa 9.

Cousas que debes saber cando o teu familiar está no hospital. Con Laura Segade, (traballadora social de Sarela)

  • Programa 09 (01 outubro 2019) - Cousas que debes saber cando o teu familiar está no hospital
  • Baixar ficheiro

Programa 8.

Podemos conducir tras un Dano Cerebral Adquirido? Con Majo Hermida (terapeuta ocupacional de Sarela).

Programa 7.

O Dano Cerebral Adquirido e relacións familiares. Como convivir en parella? Con Noelia Ouro (psicóloga-neuropsicóloga de Sarela).

Programa 6.

Como é un Centro de día especializado en dano cerebral adquirido . Alba Mouzo, terapeuta ocupacional e coordinadora deste servizo, fala da importancia deste recurso de atención integral e especializada ás persoas con DCA en fase crónica ou de estabilización.

Programa 5.

Recursos de atención ao Dano Cerebral Adquirido.   Laura Segade, traballadora social de Sarela, fala dos medios destinados a devolver á persoa con DCA a maior independencia e capacidade funcional posible co fin de desenvolver unha vida plena no seu entorno.

  • Programa 05 (10 xullo 2019) - Recursos de atención ao DCA
  • Baixar ficheiro

Programa 4.

Agora que? Que podemos facer á saída do hospital se temos un Dano Cerebral Adquirido? 

Ana Ruiz, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de Atención Especializada, fala de secuelas, fases de rehabilitación e do modelo de rehabilitación do dano cerebral adquirido.

  • Programa 04 (3 xullo 2019) - Rehabilitación do Dano Cerebral Adquirido
  • Baixar ficheiro

Programa 3.

Falamos da última obra do grupo de teatro de Sarela, con Noelia Parente, educadora social de Sarela.

Programa 2.

Consellos de prevención. Hábitos saudábeis. Con Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela.

  • Programa 02 (12 xuño 2019) - Prevención e hábitos saudábeis
  • Baixar ficheiro

Programa 1.

O Dano Cerebral Adquirido. Que é? Causas. Secuelas. Os servizos de Sarela. Con Rocío García (psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela) e Olalla Domínguez (traballadora social de Sarela)

  • Programa 01 (5 xuño 2019) - Que é o dano cerebral? Que servizos ofrece Sarela?
  • Baixar ficheiro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información