• Centro Sarela Atención Dano Cerebral

A nosa sede

A sede de Sarela está situada no barrio do Castiñeiriño e é o resultado da suma de esforzos e compromisos: do Concello de Santiago cedendo a parcela, da Deputación da Coruña implicándose na súa construción e equipamento e, o máis importante, de toda a cidadanía que grazas ao 0’7 solidario do IRPF achegou a maior parte do investimento.

As instalacións destinadas aos distintos servizos (que ocupan 1.632 metros cadrados útiles) son cómodas e permiten dar a mellor atención ás persoas usuarias. O Centro Sarela dispón de:

  • Salas polivalentes para o desenvolvemento de diferentes actividades.
  • Salas de fisioterapia.
  • Sala de estimulación multisensorial.
  • Despachos de psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional e traballo social.
  • Sala de curas.
  • Comedor.
  • Cociña.
  • Piscina accesible.
  • Sala de actividade física.
  • Sala de formación.
  • Sala de informática.
  • Administración.
  • Terraza exterior.

Adaptado e completamente accesible, o centro conta con solucións tecnolóxicas avanzadas e dotacións postas ao servizo da atención das persoas como a sala multisensorial, o comunicador Tobii PcEye, a sala de informática ou a piscina, entre outras.

SALA multisensorial

imagen de sarela centro de dia

sala multisensorial recrea ambientes accesibles física e cognitivamente que fomentan a estimulación dos sentidos, a interacción e a comunicaciónEstá dotada de elementos como unha cama de auga, fibras ópticascanóns de son e imaxe, panel interactivo etc. Nela traballamos a comunicación, as emocións ou a interacción recreando ambientes e sensacións a través de estímulos visuais, auditivos, táctiles etc. 

piscina accesible

piscina accesible está deseñada pensando especificamente nas persoas con problemas de mobilidade, incluso severos. Está equipada cunha grúa que permite chegar ao vaso directamente desde o vestiario. A auga, como todo o ambiente, está climatizada. Ten unhas dimensións aproximadas de 5 por 4 metros e unha profundidade que vai dos 1,12 aos 1,32 metros. A auga, como todo o ambiente, está climatizada a unha temperatura duns 30 grados. 

+ info

comunicador tobii

imagen dano cerebral adquirido

Tobii PcEye é un sistema de manexo do ordenador a través dos ollos. Funciona coma un rato e destaca pola súa grande precisión. Facilita a comunicación persoal na vida cotiá e achega a posibilidade de interactuar en momentos importantes como é na atención médica, a valoración xurídica de incapacidade ou a declaración de últimas vontades, por citar só uns exemplos. Na nosa canle de Youtube podes ver unha explicación do seu funcionamento.

+ info

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información