Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Celebrarase o sábado 29 de setembro na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da páxina web de FEGADACE.
Estamos a poñer un marcha un proxecto, conxuntamente con Fegadace e a Obra Social “La Caixa”, para que persoas con máis de 65 anos colaboren con nós como voluntarias. É unha oportunidade de coñecer o traballo de Sarela e establecer novas relacións con outras persoas.
A súa valentía á hora de afrontar publicamente o ictus, a particular fortaleza amosada como muller con potenciais secuelas en forma de dano cerebral adquirido (DCA), e a naturalidade no retorno ao traballo e á normalidade despois da doenza fixeron á xornalista María Escario merecedora do V Premio FEGADACE – Miguel Blanco.
Está composta por cinco membros, para que todas as asociacións e localidades teñan representación na mesma. Luciano Fernández asume a presidencia.
O sábado 2 de xuño celebrouse na Coruña o V Foro de Familias onde a DGT recibiu o IV Premio FEGADACE-Miguel Blanco.
Este sábado celebrarase a quinta edición do Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral que organiza FEGADACE. O contido deste ano é monográfico sobre 'Sexualidade e dano cerebral adquirido' e tamén se entregará á DGT o IV Premio FEGADACE-Miguel Blanco pola redución da sinistrabilidade.
O obxectivo do I Encontro de Profesionais de FEGADACE foi a posta en común de boas prácticas na atención do DCA
A sede da Asociación Sarela acolleu a xuntanza entre FEGADACE e o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.