FEGADACE renova a xunta directiva

07/10/2016

Está composta por cinco membros, para que todas as asociacións e localidades teñan representación na mesma. Luciano Fernández asume a presidencia.

O equipo directivo da Federación Galega de Dano Cerebral foi renovado na Asemblea que tivo lugar o sábado 24 de setembro en Lugo. Luciano Fernández, representante de Sarela, vai pasar a presidir FEGADACE acompañado doutras catro persoas que proceden de todas as asociacións membro da Federación. Mantéñense nos seus cargos a vicepresidenta, Luisa Ramírez, e o secretario e portavoz, Fidel Castro.

Así, a nova Xunta Directiva de FEGADACE pasa a ser a seguinte:

·         Presidente: Luciano Fernández (Sarela)

·         Vicepresidenta: Luisa Ramírez (ADACECO)

·         Secretario: Fidel Castro (Alento)

·         Tesoureira: Loli Naval (Renacer)

·         Vogal: Laura Abeledo (ADACE Lugo)

 

A Xunta Directiva de FEGADACE está composta por cinco membros, para que todas as asociacións e localidades teñan representación na mesma. O novo equipo vai manter unha liña de traballo de consolidación da Federación, e será o encargado de conmemorar o seu décimo aniversario.

 

Ademais, FEGADACE pasa a compartir presidente coa federación estatal, pois Luciano Fernández é tamén o máximo directivo de FEDACE.
 

A Federación agradece o traballo das persoas saíntes, José Balboa (anterior presidente), Manuel Moure (que deixa a tesourería) e Fernando Galdo (que se retira de vogal), que axudaron con todas as súas forzas a reforzar o movemento asociativo do dano cerebral en Galicia.

 

 

Categorías: FEGADACE
Tags: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información