Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
No Día internacional do ioga entrevistamos a Jorge Ferro. El ten dano cerebral como consecuencia dun traumatismo cranioencefálico sufrido nun accidente de coche. Como explica na entrevista, unha vez recibe a alta no Servizo de Atención Especializada aceptou a proposta para continuar con nós facendo o que mellor sabía facer antes do accidente. Así, desde hai dous anos dirixe como voluntario a actividade de ioga organizada desde o Servizo de información a familias e que agora se realiza en modalidade online.
O reto de natación en augas abertas entre O Grove e Ribeira celebrarase o 31 de xullo. A saída será na praia de Confín e a chegada na de Coroso despois de percorrer 7,04 millas náuticas (13.038 metros). A iniciativa, que nace en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, busca visibilizar o Dano cerebral Adquirido.
González Abeijón visitou esta maña a entidade para coñecer o funcionamento dos servizos e os proxecto. As persoas usuarias trasladáronlle a necesidade de que todas as persoas usuarias do centro de día estean vacinadas e lembráronlle que compañeiros e compañeiras seguen sen incorporarse ao servizo. O presidente de Sarela, José Balboa, agradeceu o apoio durante a crise sanitaria e trasladou un documento con propostas para a mellora da atención ao dano cerebral e das políticas sociais en xeral.