• XSolidaria 2021 png

Noticias

Presentada a cuarta edición do Arousaman

Presentada a cuarta edición do Arousaman

Presentación do Arousaman 2021 no Concello de Ribeira

A presentación da cuarta edición do Arousaman celebrouse hoxe na Casa do Concello de Ribeira e nela participaron Manuel Martínez, impulsor da iniciativa; Juan Ramon Martínez, organizador; Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira; Concha Otero, vicepresidenta de Sarela; o presidente do Club Natación Ribeira, Julio Simarro; os nadadores María Gómez y Manolo Majo, que ten dano cerebral adquirido, e a concelleira de deportes Juana Brión.

 

Manuel Martínez “O Nacho” é unha persoa con Dano Cerebral Adquirido como secuela dun neurinoma do acústico, un tumor cerebral benigno que afecta a 1 de cada 100.000 persoas ao año. Foi Manuel, co apoio e empeño da súa familia e amizades, o impulsor en 2015 da primeira travesía a nado entre O Grove e Ribeira para dar visibilidade ao dano cerebral adquirido.

 

Juan Ramón, irmán de Manolo e unha das persoas que máis enerxía dedica á súa organización, resume nunha frase este reto e seus obxectivos: “nós catro horas, eles toda a vida” como chamada de atención para que a sociedade e as institucións reparen na que é a primeira causa de discapacidade e dependencia en España.

 

Na presentación lembrou a idea que o levou hai seis anos a impulsar o Arousaman. “O medo ao mar, ao frío, estar só etc levan a pensar en abandonar. Ese medo tamén o sente a persoa que sofre dano cerebral ou a nai dun fillo que o padece. O Arousaman está para afrontar eses retos”.

 

Agradecemento de Sarela

Pola súa parte Concha Otero, vicepresidenta de Sarela, agradeceu a Manolo “O Nacho” e a toda a organización ter contado desde a primeira edición de 2015 con Sarela para camiñar xuntos nese difícil traballo que é dar a coñecer o dano cerebral e pelexar por acadar a mellor vida posible para as persoas con DCA.

 

A proba

O reto de natación en augas abertas entre O Grove e Ribeira celebrarase o 31 de xullo. A saída será na praia de Confín e a chegada na de Coroso despois de percorrer 7,04 millas náuticas (13.038 metros). Nestes momentos a organización do Arousaman xa pechou a inscrición de participantes, un total de 40 nadadores e nadadoras, e como en todas as edicións anteriores as medidas de seguridade e seguimento dos participantes está garantida así como o cumprimento dos protocolos sanitarios contra a Covid.

 

Tes máis información sobre o ArousaMan 2019 na súa web ou na súa páxina de Facebook.

 

 

Categorías: Dano Cerebral Adqurido
Tags: ArousaMan

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar