Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Hoxe abriu, despois de case seis meses pechado, o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT). Foi unha mañá de reencontros, de poñer en práctica o estrito protocolo de seguridade sanitaria do que se dotou Sarela e de comezar a avaliar o funcionamento do centro de día de cara aos próximos meses.
Como informamos o pasado día 16, a Xunta directiva de Sarela acordou non abrir o centro de día de Sarela até o 1 de setembro despois de analizar as necesidades das familias e os condicionamentos existentes. Sen embargo, as persoas usuarias deste servizo están a recibir as terapias individuais de rehabilitación e comezaron a desfrutar dun novo programa de saídas de lecer para recuperar o contacto persoal e familiarizarse, con experiencias reais, coas normas de seguridade sanitaria.
A Xunta directiva de Sarela acordou en reunión do luns 13 de xullo, xunto coa Dirección e o Equipo técnico, a reapertura do centro de día (Servizo de atención diúrna terapéutica) para o 1 de setembro, coincidindo co reinicio tamén do servizo de transporte coa mesma empresa que o viña prestando.