• XSolidaria 2021 png

Noticias

Abrimos o centro de día!

Abrimos o centro de día!

Hoxe abriu, despois de case seis meses pechado, o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT). Foi unha mañá de reencontros, de poñer en práctica o estrito protocolo de seguridade sanitaria do que se dotou Sarela e de comezar a avaliar o funcionamento do centro de día de cara aos próximos meses.


O servizo pechou o luns 16 de marzo seguindo as primeiras medidas contra a Covid-19 decretadas pola Xunta de Galicia. Esta mañá catorce persoas usuarias foron as primeiras en retomar un servizo esencial para eles e elas e para as propias familias. O regreso á actividade, como antes foi co Servizo de Atención Especializada (SAE), parte do deseño previo de medidas de seguridade seguindo as indicacións da Consellaría de Sanidade. O proceso, desde a recepción das persoas usuarias (coa toma de temperatura, o cambio de máscara, a desinfección de ser o caso da cadeira de rodas etc) até o uso dos diferentes espazos do centro de día, está previamente establecido.

 


 

A incorporación das persoas usuarias será gradual e o día 14 farano sete persoas máis. Esta volta escalonada permitirá avaliar as medidas tomadas de cara a ter a máxima seguridade (tempos de descanso no uso da máscara, ocupación das distintas salas...), servirá como período de adaptación e aprendizaxe das persoas usuarias (manter a distancia social de seguridade, uso da máscara...) e facer os axustes necesarios nas actividades. O primeiro día coincidiu tamén co reinicio do servizo de transporte, que se realiza tamén con todas as garantías.

 

Boa saúde e gran ánimo

Nestes case seis meses de pandemia, as profesionais de Sarela mantiveron contacto directo coas familias usuarias dos distintos servizos. Esta mañá foi unha alegría comprobar que o estado físico e anímico das persoas usuarias do centro de día é moi bo e sobre todo as gañas por retomar a estancia. Neste sentido, o equipo directivo e de profesionais de Sarela quere destacar o gran traballo realizado polas familias durante estes meses no seu coidado e na prevención de posibles contaxios.

 

 

 

Categorías: Sarela
Tags: COVID-19

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar