• banner servizo sarela feb2020 795x180 2

POSTOS DE ACCIÓN VOLUNTARIA

Voluntariado Virtual


Debido á situación sanitaria derivada da Covid-19, o voluntariado presencial no centro de Sarela está temporalmente suspendido ao ter que limitar ao máximo os contactos externos para garantir a seguridade das persoas usuarias.

 

Como alternativa, Sarela pon en marcha o Voluntariado Virtual, unha modalidade a distancia que é unha alternativa para que as persoas que o desexen poidas seguir participando no Servizo de Voluntariado.

 

Estas son os postos de acción voluntaria virtual actualmente nos que podes colaborar:

 

 

 

Actividade: Café Express


Nº de prazas: 2

Modalidade: virtual

Descrición da actividade: “Café Express” é unha actividade na que as persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e voluntarias teñan un espazo onde poder charlar, compartir experiencias e coñecer a outras persoas.Esta actividade foi creada co obxectivo de fomentar as relación interpersoais, xa que, unha das consecuencias a nivel social e persoal do DCA é o illamento social.

 

Labor da persoa voluntaria: a persoa voluntaria compartiría o tempo dun “café” a través dunha aplicación de videochamada cunha persoa con DCA a que lle apeteza coñecer a novas persoas e compartir as súas experiencias.

 

Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer á organización da actividade.

 

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

 

 

 

Actividade: English Breakfast


Nº de prazas: 2

 

Modalidade: virtual

 

Descrición da actividade: “English Breakfast” é unha actividade que busca dar resposta á inquedanza de aprender un novo idioma. Á busca de novos retos é algo que nos caracteriza a todos/as, e que nos mantén motivados e activos.

 

Labor da persoa voluntaria: Realizar pequenas clases de inglés básico online, para as persoas con DCA interesadas da entidade. A persoa voluntaria tería contacto co persoal de referencia, que lle indicaría as preferencias e as necesidades de cada persoa.

 

Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.

 

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

 

 

 

Actividade: “Falando de todo un pouco…”


Nº de prazas: 2

 

Modalidade: virtual

 

Descrición da actividade: “Falado de todo un pouco…” é un espazo onde debater, poñer en común e falar sobre diferentes contidos culturais: libros, películas, series, cancións…

 

A través desta actividade búscase o aprendizaxe mutuo e tamén nutrirse dos coñecementos e gustos de outras persoas, atopar intereses comúns e descubrir ao mesmo tempo novos contidos!

 

Labor da persoa voluntaria: a persoa voluntaria tería contacto cunha persoa, ou cun pequeno grupo de persoas, con DCA, para falar sobre un tema que acordaran previamente: unha película, un capítulo dunha serie, un artigo dunha revista,…

 

Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.

 

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

 

 


Actividade: Apoio para a xestión de redes sociais

 

Nº de prazas: 1

 

Moalidae: Virtual

 

Descrición da actividade: Hoxe en día, as redes sociais son un punto clave para chegar á sociedade e ás persoas con DCA, por iso, é importante mantelas actualizadas e cun contido apropiado e específico sobre o que se quere transmitir e cómo se quere transmitir.

 

Labor da persoa voluntaria: Apoio ao responsable de comunicación na xestión e creación de contidos das redes sociais da asociación.

 

Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.

 

Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.

 

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar