Volve a formación para familiares, agora a distancia

08/04/2021

O venres 16 de maio ás 11:30 Sarela retoma as actividades de formación para familias que estaban en suspenso debido á situación sanitaria. Retomarémolas online coa charla “Autocoidade en tempos de Covid” que dará a psicóloga Julia Lodeiro. Durante toda a pandemia a perspectiva da familia sempre estivo presente no traballo de Sarela. Houbo atención a distancia e domiciliaria e posteriormente retomáronse as sesións presenciais individuais.

As novas actividades de formación para familias desenvolveranse a través dunha plataforma en liña e todas as familias socias que precisan recibirán asesoramento para ingresar na mesma. Para Sarela, como di Julia Lodeiro, a “formación e información é a arma máis valiosa que temos e as familias, ás que lles cambiou a vida dun día para outro, cando saen do hospital non saben a onde acudir, como actuar,etc” . “Hai estudios que indican que as familias soportan niveis de tensión maior que as propias persoas con dano cerebral ao ter unha maior conciencia da situación. Por iso desde o principio de todo o proceso procuramos acompañar ás familias para darlles ferramentas e recursos que lles axuden a adaptarse á situación”.

 

As familias valoran positivamente o traballo que se realiza con elas e durante a pandemia esa perspectiva sempre estivo presente. Durante meses as familias foron as únicas coidadoras debido ao peche de recursos de atención e, nalgúns casos, esta situación prolóngase ante á espera da vacinación.

 

Nas semanas iniciais da crise sanitaria a atención ás familias fíxose a distancia e incluso facendo visitas domiciliarias e posteriormente retomou a atención presencial individual. Agora retomase a formación e atención en grupo que será online.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información