Sarela participa no proxecto “Sensogenoma22” que investiga como os estímulos sensoriais repercuten no noso ADN

01/10/2022

Persoas con DCA e familiares participaron no primeiro concerto no que música e ciencia se uniron para investigar sobre as bases xenéticas do estímulo musical e estudar o seu potencial terapéutico na loita contra enfermidade. Sarela forma parte deste proxecto de investigación.

O venres 30 de setembro e sábado 1 de outubro participaron neste iniciativa conxunta do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) da Universidade de Santiago e da Real Filharmonía de Galicia para realizar a recollida de mostras biolóxicas a gran escala en senllos concertos no Auditorio de Galicia e que permitirá dar un paso máis na investigación científica da sensoxenómica.

A sensoxenómica é unha nova disciplina da ciencia xenómica que busca investigar como os estímulos sensoriais repercuten no noso ADN, buscando as bases moleculares que subxacen á activación da nosa información xenética (ADN).

Actualmente, o primeiro paso da investigación céntrase na música e a expresión dos xenes en poboación xeral e distintos contextos da patoloxía humana como o Dano Cerebral Adquirido (DCA), cancro, Alzheimer, trastorno de espectro autista (TEA) etc. Posteriormente estudaranse características (fenotipos) relacionados coa música e sobre os que xa existen xenes candidatos de susceptibilidade (oído absoluto, etc). Reportouse que algúns destes fenotipos están relacionados con patoloxías concretas, tales como o TEA, enfermidade de Williams, etc.

Nos concertos fíxose unha recollida de mostras de sangue ou saliva entre os asistentes antes e despois do concerto para poder avaliar o impacto da música na expresión dos nosos xenes.

Neste video explícase de forma resumida o obxectivo do proxecto:

Imaxe: Real Filharmonía de Galicia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información