Sarela visita a exposición 'Tectónica'

08/05/2015

Programa de actividades de lecer e tempo libre da asociación.

As persoas usuarias de Sarela sorprendéronse esta mañá cunha visita na que viron desde fotografías ata esqueletes de paxaros. E foron, precisamente, as imaxes de glaciares, e as vitrinas cheas de ósos, o que máis lles gustou da exposición 'Tectónica', de Manuel Vilariño.
 
O programa de actividades de lecer e tempo libre da asociación de dano cerebral levou este venres e o pasado a dous grupos de usuarios e usuarias ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para visitar a mostra 'Tectónica'.
 
'Tectónica' inclúe fotografías, audios, montaxes con elementos naturais, e materiais de orixe animal, como as crins de cabalo -que se poden ver na imaxe- ou os esqueletes de paxaros.
 
Sarela realiza unha visita cultural cada venres, dentro do seu programa de lecer e tempo libre do que se benefician, divididas en grupos, todas as persoas usuarias do seu centro de día.
 
Visita á exposición Tectónica.
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información