Rocío García falará en Madrid sobre os cambios na vida tralo DCA

04/06/2015

Dentro do programa de 'Mejor, informados', no que FEDACE colabora co CEADAC.

A directora de Sarela, Rocío García, participa a vindeira semana no programa 'Mejor, informados' de FEDACE cun obradoiro destinado a persoas con dano cerebral adquirido. A sesión vaise desenvolver o sábado, 13 de xuño, nas instalacións do CEADAC.
 
'Mejor, informados' é un programa de sesións informativas organizado pola Federación Española de Daño Cerebral. Conta con tres vertentes: para profesionais sociosanitarios, para familiares e persoas coidadoras, e para persoas con dano cerebral adquirido.
 
Rocío García vai impartir unha charla sobre a xestión persoal de cambios emocionais e cognitivos dirixida a persoas con DCA. O título da actividade informativa é 'Convivindo co dano cerebral. E agora que?, e ocupará de 10:00 a 11:30. A continuación, o sexólogo e psicólogo Carlos de la Cruz falará sobre 'Sexualidade e dano cerebral' entre as 12:00 e as 13:00. Toda a actividade informativa será nas instalacións do CEADAC (Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral), en Madrid, o sábado, 13 de xuño.
 
O obradoiro para persoas con DCA continúa o 14 de novembro cunha segunda sesión sobre 'Habilidades sociais e competencias persoas para a reinserción laboral' e sobre 'Alternativas ocupacionais e de xestión do lecer e o tempo libre tras o dano cerebral adquirido'. 
 
Familiares e profesionais
 
'Mejor, informados' conta con programación destinada a profesionais sanitarios. Haberá sesións o 18 de setembro e o 13 de novembro e nelas falarase sobre 'Dano cerebral adquirido e familias' e sobre 'Boas prácticas de atención ao DCA en contextos sanitarios'.
 
Familiares e persoas coidadoras recibiron xa unha sesión informativa o pasado 23 de maio na que se abordaron os aspectos máis básicos da convivencia coa persoa con dano cerebral adquirido. Para o 28 de novembro queda unha segunda sesión na que se falará de autocoidado, do impacto do DCA na familia e da aceptación, entre outros temas.
 
pdf
  • Folleto 'Mejor, informados'
  • Programa completo do programa 'Mejor, informados' de FEDACE. Rocío García, directora de Sarela, falará para as persoas con dano cerebral sobre os cambios emocionais e cognitivos o sábado, 13 de xuño.

  • Baixar ficheiro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información