Oferta de campamentos de verán para menores de 9 a 18 anos

03/04/2014

Con prazas reservadas para mozos e mozas con discapacidade

A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado presentou a oferta de campamentos e outras actividades de lecer no verán para menores de 9 a 18 anos.
 
A oferta inclúe ás persoas con discapacidade, que poden beneficiarse das actividades sempre que o seu certificado estea entre o 33 e o 65%. A Xunta condiciona tamén a participación dos mozos e mozas con discapacidade a que sexan quen de integrarse nun grupo e que as súas especiais necesidades lles permitan manexarse nas instalacións do campamento. As características das instalacións poden consultarse aquí.
 
As actividades vanse desenvolver en Galicia e noutras comunidades autónomas en quendas de unha semana e quince días durante os meses de xullo e agosto de 2014. A inscrición está aberta ata o 10 de abril.
 
A convocatoria pode consultarse premendo aquí. O documento de solicitude individual de prazas reservadas para a inclusión está aquí, e nesta ligazón pódese descargar a solicitude múltiple (para grupos de irmáns).
 
Só hai prazas reservadas para persoas con discapacidade nas instalacións e quendas recollidas no anexo I B.
 
As solicitudes pódense presentar na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro e por vía telemática.
 
*Na imaxe, Albergue Xuvenil 'As Sinas' (Vilanova de Arousa)
 
 
Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información