O centro de día de Sarela vai de paseo ao parque dos Tilos

26/06/2015

O programa de lecer e tempo libre cambia durante o verán.

Chegou o verán, e con el as mañás de paseo e lecer saudábel. Sarela retoma, como cada mes previo ás vacacións, as saídas a parques e outros lugares de contacto coa natureza. Esta mañá un grupo de usuarios e usuarias do centro de día estivo no parque dos Tilos, no veciño concello de Teo. Pasearon e fixeron xogos resgardándose do sol nos bancos e outras sombras do parque.
 
Os paseos substitúen, na tempada estival, o programa de saídas culturais a museos do espazo de lecer e tempo libre do centro de día. Con estas visitas preténdese fomentar o lecer saudábel e o contacto coa natureza, e promover que se faga unha pequena sesión de exercicio físico moderado.
 
As saídas realízanse en grupos reducidos, dada a imposibilidade de trasladar a todas as persoas usuarias de Sarela fóra do centro. Cada unha das usuarias da entidade ten a oportunidade de saír unha vez ao mes. Estas saídas realízanse sempre nas mañás dos venres.
 
    Parque dos Tilos
Categorías: Sarela
Tags: tempo libre

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información