“Mulleres con discapacidade coidadoras”, encontro de Cermi Galicia con motivo do Día da Muller

25/02/2021

CERMI Galicia conmemora o Día da Muller traballadora con este encontro que se desenvolverá o 4 de marzo e no que varias mulleres con e sen discapacidade falarán da súa experiencia como coidadoras doutras persoas con e sen discapacidade. A socia de Sarela Ana Isabel Pedrosa participará no mesmo, que será online, en representación de Fegadace. Ampliando a noticia podes acceder ao programa desta xornada e á forma de acceso á mesma.

CERMI Galicia conmemora o Día da Muller traballadora con este encontro que se desenvolverá o 4 de marzo e no que varias mulleres con e sen discapacidade falarán da súa experiencia como coidadoras doutras persoas con e sen discapacidade. A socia de Sarela Ana Isabel Pedrosa participará no mesmo, que será online, en representación de Fegadace. Ampliando a noticia podes acceder ao programa desta xornada e á forma de acceso á mesma.


O encontro “Mulleres con discapacidade coidadoras” (ver o programa) será o 4 de marzo e comezará ás 10:00 horas, coa apertura por parte do presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández, e a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella. A seguir, Isabel Quintairos -xornalista e representante do Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia- vai moderar unha mesa de experiencias na que nove mulleres van achegar as súas impresións sobre o coidado de persoas en situación de dependencia. En representación do colectivo do dano cerebral adquirido vai intervir Ana Isabel Pedrosa, muller con discapacidade e coidadora. Ao rematar, Isabel Quintairos vai presentar as conclusións do intercambio, e Dolores Venancio, responsable da Comisión da Muller do CERMI Galicia, vai pechar o acto. Finalizará arredor do mediodía.

Datos de acceso

As persoas interesadas poden asistir directamente a través dos seguintes datos de acceso, ou tamén poden inscribirse cubrindo este formulario de inscrición. O encontro organízase a través da plataforma Zoom. Para entrar dende o ordenador ou desde a app móbil o enlace é: https://once.zoom.us/j/92829645086

Para facelo por teléfono, chamar a calquera dos números abaixo listados, introducir o código 928 2964 5086# e despois saltar a introdución de usuario premendo outra vez #:

+34 91 787 0058 (España)
+34 917 873 431 (España)
+34 84 368 5025 (España)

Podes buscar o teléfono doutro país seguindo este enlace: https://once.zoom.us/u/acrNYjLk3B

 

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información