Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Como xa informamos anteriormente, e á espera de ter a autorización administrativa, o equipo de dirección e profesionais de Sarela levan semanas preparando o centro para a súa reapertura para a atención directa. Xa se pode pedir cita previa no teléfono 981 577 037 en horario de 9:30 a 17:30 e é imprescindible atender ás indicación e protocolos de seguridade para o acceso ao centro.

Só podemos atender con cita previa. Podes concertala no teléfono 981.577.037 (en horario de 9:30 a 17:30) ou no correo electrónico sarela@sarela.org
ATENCIÓN AOS SÍNTOMAS E CONTACTOS
Non asistas á cita se presentas algúns dos síntomas da COVID-19 (febre, tose, dificultade para respirar etc). Se estiveches en contacto con algunha persoa positiva consulta antes ao persoal de Sarela.
PUNTUALIDADE
É importante ser puntual para non coincidir con máis persoas e garantir a distancia de seguridade.
AO CHEGAR A SARELA NON SAIAS DO COCHE
Aparca nalgunha das prazas reservadas para persoas con discapacidade que hai no contorno do centro. Non ocupes co coche o soportal de entrada.
É OBRIGATORIO O USO DE MÁSCARA
Ao chegar, persoal de Sarela darache unha máscara que deberás usar o tempo que dure a túa estancia. No centro haberá xel desinfectante para as mans e outras medidas de seguridade.
SEGUE AS INSTRUCIÓNS UNHA VEZ ESTEAS DENTRO DO CENTRO
Persoal de Sarela darache as instrucións para que a túa visita sexa segura e acompañarache nos teus desprazamentos. Manten a distancia de seguridade e fai o uso imprescindible dos WC do centro.