José Balboa en Convivir en Igualdade

08/01/2014

O presidente de Sarela felicitou as festas ao público do programa da Radio Galega.

O presidente de Sarela, José Balboa, participou no día de Nadal nun programa especial de Convivir en Igualdade. O espazo da Radio Galega, coordinado por Clara de Sáa, emitiu o 25 de decembro unha recompilación de felicitacións de Nadal.

 

Neste especial tiveron oco representantes das diferentes entidades e asociacións que ao longo de 2013 foron protagonistas de Convivir en Igualdade. Persoas de Cogami ou Igaxes compartiron o espazo nas ondas co presidente de Sarela e da Federación Galega de Dano Cerebral, José Balboa.

 

O programa completo pode consultarse nesta ligazón: Convivir en Igualdade. As palabras de José Balboa poden oírse desde o minuto 24:40. Balboa desexou un feliz aninovo ao público de Convivir en Igualdade, e enfatizou o seu desexo de que 2014 sexa un ano de avances para as persoas con dano cerebral en particular e con discapacidade en xeral.

 

Categorías: Sarela
Tags: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información