• XSolidaria 2021 png

Noticias

IMPORTANTE: OS CENTROS DE DÍA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE NON ABRIRÁN ATA SETEMBRO

IMPORTANTE: OS CENTROS DE DÍA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE NON ABRIRÁN ATA SETEMBRO

Este mediodía a Xunta de Galicia fixo pública a decisión, aprobada hoxe mesmo en Consello de Goberno, de non autorizar a apertura dos Centros de día e ocupacionais até o mes de setembro. Esta é unha situación nova, imprevista e non desexada para nós polas evidentes consecuencias que ten para as persoas usuarias do noso centro e súas familias.

 

Nas vindeiras horas esperamos poder ter máis información directamente dos responsables da Consellería de Política Social e sobre o alcance que a efectos prácticos terá na atención individual de cada persoa usuaria do Servizo de atención diúrna terapéutica e, e xeral, no funcionamento doutros servizos do centro e na apertura das instalacións.

 

Como informamos pola mañá, durante estas semanas o equipo de profesionais traballou para que a volta á actividade se fixera no momento en que as autoridades sanitarias o consideraran posible en base a criterios científicos e con todas as garantías. Realizouse traballo de formación, compra de equipos de protección, redeseño dos espazos para manter a distancia de seguridade etc e continuarase con este traballo nas vindeiras semanas. No enlace que acompañamos esta publicación pódese ler a referencia do Consello da Xunta. Moitas grazas a todas as persoas usuarias e familias polo esforzo feito ao longo destes meses.

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49297/feijoo-destaca-paquete-extraordinario-medidas-conciliacion-para-cun-investimento

Categorías: Sarela
Tags: COVID-19

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar