O hotel Oca Puerta del Camino colabora con Sarela co seu “Acendido solidario de Nadal”

18/11/2021

O xoves 2 de decembro, na véspera do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ás 18:00 h. realizarán o acendido das luces de Nadal do hotel con actividades e música para nenos e nenas e chocolate con churros para todas as persoas asistentes. A recadación deste ano será doada a Sarela.

Quen desexe acompañarnos no acto pode facer a reserva no teléfono do hotel OCA Puerta del Camino 981569400 e no correo reservas.puertadelcamino@ocahotels.es. O donativo é de 4 euros. Esta iniciativa forma parte da política de responsabilidade social empresarial de OCA Hotels que busca integrarse nos destinos nos que operan con accións como a colaboración con entidades do ámbito social como é Sarela.

 

Sarela agradece a Oca Hotels por unha iniciativa que servirá para dar visibilidade tanto á entidade como ao Dano Cerebral Adquirido e anima a toda a súa base social e á cidadanía en xeral a acompañarnos o día 2 ás 18:00 h. no Hotel OCA Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaveiro ao carón do Pazo de Congresos).

 

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información