• XSolidaria 2021 png

Noticias

O grupo de teatro de Sarela entre as 33 propostas culturais do proxecto Somos Inclusión

O grupo de teatro de Sarela entre as 33 propostas culturais do proxecto Somos Inclusión

“Somos inclusión” (www.somosinclusion.gal) un é catálogo web de propostas artísticas que desenvolven entidades galegas para traballar a inclusión de persoas con diversidade funcional e/ou outras capacidades. O grupo de teatro de Sarela forma parte dos 33 proxectos iniciais que engloba o teatro, a música, a danza, as artes plásticas ou visuais e moitas outras. Este é catálogo dixital que seguirá medrando é de acceso libre e nace da man de Artefeito S. Coop. Galega, coa colaboración do departamento de cultura da Deputación da Coruña

 

Grupo de Teatro de Sarela

A actividade de teatro é unha das que o colectivo de persoas que forma Sarela se sente máis orgulloso. O Grupo de Teatro de Sarela botou a andar no ano 2013 a partir dun obradoiro de teatro que, nun principio, era unha actividade interna da asociación para as persoas con dano cerebral usuarias dos seus servizos. A implicación e motivación destas persoas fixo que, por iniciativa dunha persoa voluntaria e das profesionais que o coordinaban, Sarela se propuxera levar ese traballo aos escenarios.

 

O 21 de xuño de 2013 estrouse a súa primeira obra, Sarela Televisión. Seguíronlles Sarela en camiño (2014), En Sarela non hai quen viva (2015), Sarela e a fábrica de chocolate (2016), Amar en tempos de Sarela (2017), Neflis Sarela (2018) e Sarela 211 (2019). A obra de 2020, coincidindo co 20 aniversario da entidade, quedou en suspenso debido á pandemia da Covid-19.

 

O grupo de teatro está formado por persoas con dano cerebral pero nas representacións de cada ano tamén participan familiares, persoas voluntarias e profesionais. A preparación de todos os elementos da mesma, desde o textos até o vestiario, escenografía e material audiovisual é creado en Sarela. A elección da temática, sempre en clave de humor, e o desenvolvemento das tramas faise de forma colectiva e, aplicando o principio de autodeterminación, a participación das persoas usuarias é sempre voluntaria.

 

 

Categorías: Sarela
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar