O actor Rubén Riós colaborou coa asociación presentando a obra de teatro.
Sarela presenta unha crónica en imaxes da estrea da súa última obra de teatro grazas á colaboración desinteresada do fotógrafo Diego Espiño.
Tralas intervencións de José Balboa, presidente, e Concha Otero, vicepresidenta, en representación da xunta directiva de Sarela, o actor Rubén Riós chegou á escena para introducir o reparto de 'En Sarela non hai quen viva!'.
A obra estivo protagonizada polas persoas usuarias do centro de día, que son tamén compoñentes do Grupo de Teatro de Sarela. Abriron un oco á participación de voluntariado, familiares e profesionais.
Ao final da obra Rubén Riós voltou á escena para conducir a entrega dun agasallo para cada unha das persoas voluntarias que interviñeron nun baile e que cada día fan o traballo na asociación máis doado.
Por último, foi o propio Rubén Riós quen recibiu un recoñecemento polo seu apoio incondicional ao Grupo de Teatro de Sarela, no medio dunha gran ovación.
A estrea de 'En Sarela non hai quen viva!' foi un éxito polos aplausos recibidos polas interpretacións das persoas con dano cerebral adquirido e tamén pola recadación. Grazas á venda de entradas Sarela obtivo 1.511 euros que axudarán a financiar o obradoiro de teatro.