Colaboración coa tenda online Escolma Comunicación Local

03/03/2015

A páxina web inclúe os produtos elaborados no obradoiro de manualidades de Sarela.

Sarela acaba de iniciar unha colaboración coa páxina web e tenda online Escolma Comunicación Local. Desde esta semana, os produtos elaborados polas persoas usuarias da asociación poden adquirirse, tamén, a través de Escolma, que pretende dinamizar o comercio local e responsable a través da súa páxina web.
 
Escolma Comunicación Local é unha iniciativa de ciclomensaxería, comercio, cultura e publicidade que traballa en Santiago de Compostela e na súa comarca. Así, está tecendo unha rede de empresas e asociacións que cumpren coa premisa de ofrecer un consumo responsable e compilan os seus produtos nunha tenda online unificada.
 
Sarela contra cun espazo propio na web e colabora con Escolma ofrecendo diversos produtos (caixas, bandexas, chaveiros, broches...) que se elaboran nos seus obradoiros de artesanía a partir de materiais reciclados e reutilizados. Ofrécense cun prezo de recollida no centro, ou co servizo de entrega a través de ciclomensaxería que ofrece a propia Escolma.
 
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela congratúlase por participar nesta rede de entidades locais. Na imaxe pódese ver a Carmen, a monitora da actividade de manualidades, posando con algunhas das creacións de Sarela e co casco que serve de emblema de Escolma.
 
    Sarela colabora con Escolma
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información