Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

20/04/2016

Desenvolveranse en Bergondo e en Nigrán. As solicitudes e documentación pódense presentar ata o 30 de abril.

A Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar algunha das 150 prazas que oferta nos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Hai ata o 30 de abril para presentar as solicitudes e a documentación.

 

Este programa da Consellaría de Política Social permite gozar durante 10 días dunha estadía nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro. Este ano as actividades están dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

 

Neste enlace da web da Consellaría de Política Social está toda a información e impresos.

 

Persoas destinatarias

 

As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.

 

 

Destinos, actividades, datas, idades e prezos

 

 

Requisitos

 

  • Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

 

 

Servizos ofertados

 

  • Aloxamento en albergue,residencia ou apartamento, segundo o destino solicitado.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Programa de actividades de animación sociocultural.
  • Material necesario para a actividade.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

 

 

Modelo de solicitude e de informe médico

 

A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinados polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico, segundo corresponda.

 

 

 

 

Prazo e lugares de presentación de solicitudes: ata o día 30 de abril.

 

As solicitudes, acompañadas da documentación requirida, presentaranse por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á:

 

Consellería de Política Social.

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Edificio administrativo San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela.

 

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información