Asemblea xeral de persoas socias e encontro coas familias

01/03/2017

O xoves 2 de marzo celebramos a nosa asemblea xeral ordinaria e á vez a asemblea extraordinaria para a elección de xunta directiva. O proceso comezará ás 18:30 horas en segunda convocatoria e previamente haberá un encontro con familias para trasladarlle diferente información do seu interese.

O xoves 2 de marzo Sarela celebra a súa asemblea xeral ordinaria e á vez a asemblea extraordinaria para a elección de xunta directiva. A primeira está convocada ás 18 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda tendo como principais puntos na orde do día a presentación e aprobación do orzamento para o ano en curso, a presentación da memoria anual de actividades e a actualización dos proxectos en marcha así como iniciativas de cara ao futuro.

 

A asemblea extraordinaria para a elección de xunta directiva celebrarase ao rematar a ordinaria se ben está convocada para as 19 e 19:30 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente. O primeiro punto da orde do día é a elección da nova xunta directiva para a continuación votar unha modificación dos estatutos da entidade. Concretamente proponse modificar os artigos 18 e 27 en aspectos relativos á paridade de xénero na composición da xunta directiva e á duración dos seus mandatos.

 

Encontro con familias

 

Previamente á asemblea haberá tamén unha xuntanza coas familias para informalas de novas accións relativas á atención a familiares que se desenvolven dentro do Servizo de Información, Orientación e Apoio que o Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e Igualdade ven financiando. Neste encontro falarase polo miúdo de aspectos deste programa como é o intercambio de coñecementos a través de charlas informativas; a axuda entre a comunidade para necesidades do día a día das familias e a participación na vida social para crear unha maior rede de apoio ás persoas coidadoras. Tamén se informará de aspectos como é o espazo asociativo do que participamos no Hospital clínico e do novo aloxamento temporal gratuíto para familias con algunha persoa ingresada nese centro cun dano cerebral adquirido.

 

As dúas asembleas e o encontro coas familias celebraranse no centro da asociación situado na rúa Pedro Cabezas González, 3.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información