Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O portal Handiway e a plataforma Predif ofrecen recursos turísticos para persoas con discapacidade.
Moitas empresas e entidades son conscientes das necesidades que poden ter as persoas con discapacidade á hora de desprazarse ou acceder a bares, teatros, museos ou roteiros. Por iso existe unha oferta, máis accesible grazas a internet, de alternativas inclusivas para diferentes tipos de discapacidade e niveis de dependencia diversos.
En concreto, recentemente lanzouse a páxina web Handiway, unha plataforma con ofertas de turismo e lecer inclusivo creada por dúas persoas con discapacidade amantes das viaxes. Na súa web, www.handiway.com, recompilan diferentes lugares e proveedores con ofertas accesibles.
Handiway clasifica a súa oferta de produtos segundo o tipo de discapacidade para a que están adaptados. Tamén permite buscar por cidade e tipo de actividade.
A nivel asociativo, a Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF) leva anos traballando en recursos de turismo accesible. Organizan viaxes e editan guías que facilitan viaxar ás persoas con discapacidade. Tamén fan labor de investigación e promoción, e contan, na súa web, cun amplo directorio de recursos turísticos e de aplicacións que serven para localizar ofertas inclusivas para o tempo libre.
A institución dedicada ao turismo da Xunta de Galicia, Turgalicia, conta no seu apartado de guías cunha publicación ideadas para persoas con discapacidade: Aloxamentos accesibles.
Imaxe extraída de Pixabay con licenza Creative Commons 0.