Alta na Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS

27/04/2015

Sarela alíñase por unha sanidade pública universal, gratuíta e de calidade.

Sarela acaba de darse de alta como membro da Asociación de Pacientes e Usuarios/as do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago). Unha delegación da entidade visitou Sarela na tarde do xoves, onde mantivo unha reunión coa Xunta Directiva na que se formalizou esta alianza.
 
A Asemblea Xeral de Sarela, celebrada o pasado marzo, ratificou a proposta da Xunta Directiva de integrarse na Asociación de Pacientes do CHUS. Esta proposición está fundamentada na coincidencia dos fins de ambas entidades, e no feito de compartiren ámbito xeográfico: a área sanitaria de Santiago de Compostela.
 
Os fins da Asociación de Pacientes son a defensa do sistema público universal de saúde, a defensa dos dereitos dos pacientes (actualmente recoñecidos ou non), o asesoramento e información aos asociados, a interlocución coas autoridades sanitarias, profesionais sanitarios e asociacións de pacientes, e unha función de vixilancia e control das decisións políticas.
 
Pola súa banda, Sarela constituíuse para reivindicar os dereitos de todas as persoas con dano cerebral adquirido da área sanitaria articulada en torno ao hospital de Santiago de Compostela, en consonancia coas reivindicacións da entidade de pacientes.
 
Unha delegación da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS estivo o pasado xoves, 23 de abril, en Sarela (na imaxe, o presidente de Sarela, José Balboa, e o da Asociación de Pacientes, Fernando Abraldes). A Xunta Directiva da Asociación de Dano Cerebral comunicoulles a decisión de Sarela de asociarse á entidade, que quedou efectivizada no momento. A continuación, as persoas representantes da Asociación de Pacientes visitaron as instalacións de Sarela.
 
Máis información sobre a Asociación de Pacientes e Usuarios/as do CHUS: Nace a Asociación de Pacientes e usuarios do CHUS
 
    Visita da Asociación de Pacientes do CHUS
Categorías: Sarela
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información