• XSolidaria 2021 png

Noticias

Actividades para celebrar o Día do Dano Cerebral

Actividades para celebrar o Día do Dano Cerebral

Sarela e o resto de entidades do movemento asociativo do DCA celebran, un ano máis, o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral e, a semana seguinte, o 29 o Día do Ictus. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.

 

Día do Dano Cerebral Adquirido celébrase desde 2007, ano no que o Consello de Ministros oficializou o 26 de outubro como data para dar visibilidade ao colectivo de persoas con DCA. Foi a proposta de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e desde aquela este día converteuse nun espazo de reivindicación para todo o colectivo das necesidades de atención das persoas con DCA e súas familias.

 

Estes son os actos que haberá en Santiago, organizados por Sarela e tamén por FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) para conmemorar o Día do Dano Cerebral e o Día do Ictus (a primeira causa de dano cerebral adquirido).

 

SÁBADO 26 | DÍA DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

11:00 h. Andaina e lectura do manifesto do movemento asociativo

O punto de encontro para a saída é na estatua das Marías. Desde alÍ sairemos ás 11:00 e faremos un percorrido pola cidade vella até a Praza do Obradoiro. Ás 12:00, diante da Casa do Concello, leremos o manifesto que elaborado por FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral).

 

Noite do sábado 26

Iluminación do Pazo de Raxoi e das Torres Hejduk no Gaiás CdC.

 

MARTES 29 (DÍA DO ICTUS)

Mesas informativas entre as 10:00 e as 13:00 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Hospital da Barbanza (Ribeira), Centro de saúde da Estrada e Centro de Saúde de Arzúa.

 

CICLO DE CHARLAS NOS CENTROS SOCIOCULTURAIS DE SANTIAGO

No mes de outubro Sarela comezará un intenso programa de encontros informativos sobre o dano cerebral nos centros socioculturais da cidade, e que se prolongará até finais de ano. No mes de outubro achegarémonos até a Pontepedriña, Santa Marta, Vite, Sar, San Pedro (A Trisca), as Fontiñas e o Romaño. En novembro a Villestro, A Rocha, A Gracia, Amio, Lavacolla e San Lourenzo. En decembro a Figueiras e á Almáciga. Toda a información será ampliada neste web. 

 

22 OUTUBRO – 8 NOVEMBRO

EXPOSICIÓN: PUNTO E SEGUIDO. A VIDA DESPOIS DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO.

Biblioteca Pública Ánxel Casal (vestíbulo)

Horario de 8:30 a 21:00 h.

Esta magnífica exposición regresa a Santiago para pechar o seu percorrido polas cidades galegas. A través das fotografías de Aigi Boga, amosa que sucede nas vidas destas persoas e familias unha vez reciben a alta hospitalaria e teñen que comezar a convivir cunha nova realidade.

Durante os días que dure a exposición tamén haberá unha mostra de libros relacionados dalgún xeito con DCA e que forman parte dos fondos da biblioteca.

Organiza: FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral)

 

MÉRCORES 30 OUTUBRO

PRESENTACIÓN DA NOVELA IRIDIUM

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Salón de actos)

19:30 horas

O autor Francisco Castro (escritor e director de Galaxia) e Amparo Rodicio, neuropsicóloga de Alento (Asociación de Dano Cerebral de Vigo). Novela protagonizada por unha rapaza que ten dano cerebral adquirido, onde se fala sobre discapacidade, prexuízos, respecto á diferenza, inclusión, etc.
Organiza: FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral)

 

16 AO 31 DE OUTUBRO

VISIÓNS SOBRE O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO NO CINEMA”

Ciclo que nos achega ao tratamento da inclusión e da discapacidade no cine. Todas as proxeccións comezan co pase dun vídeo elaborado por FEGADACE e o ilustrador Miguel Gallardo, ‘O mundo púxose ao revés’, e rematan cunha sesión de debate sobre a relación entre a película e o tratamento que fai da discapacidade. A entrada é de balde ata completar o aforo. Organiza: FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral).

O meu fermoso cerebro roto (My beautiful broken brain. Sophie Robinson & Lotje Sodderland, 2014). 86 m. VOSE

Auditorio Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Mércores, 16 outubro | 19:00 horas.

 

Máis alá do espello (Más allá del espejo. Joaquim Jorda , 2006). 123 m. VO

Auditorio Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Mércores, 23 outubro | 19:00 horas.

 

Anxos sen paraíso (A child is waiting. John Cassavetes, 1963). 102 m. VOSE

Auditorio Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Xoves, 31 outubro | 19:00 horas.

 

 

 

 

 

Categorías: Dano Cerebral Adqurido

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar