Aberta a inscrición no II Torneo de Pádel Solidario con FEGADACE

05/05/2015

Organizado por Aventi co obxectivo de recadar fondos para a Federación Galega de Dano Cerebral.

O prazo de inscrición no II Torneo Solidario de Pádel a favor de FEGADACE está aberto desde onte. O encontro conta con dúas categorías: iniciación e amateur, e vaise xogar no Coruña Sport Centre nas tardes dos días 23 e 24 de maio. A inscrición custa 13 euros, cun prezo reducido de 11 para persoas socias do CSC.
 
A inscrición formalízase contactando con Aventi Gestión Deportiva, a entidade organizadora do evento, a través do enderezo de correo electrónico administracion@aventi.es ou do teléfono 881 120 509. Vai permanecer aberta ata o 21 de maio.
 
Cada participante vai recibir un welcome pack e optará a diferentes trofeos e premios. Todas as parellas teñen garantido o xogo dun mínimo de dous partidos.
 
Este torneo está organizado coa colaboración do Coruña Sport Centre e ten como obxectivos a recadación de fondos para FEGADACE e sensibilizar "pola prevención do dano cerebral adquirido".
 
*Información extraída da páxina web de FEGADACE.
 
    II Torneo Solidario de Pádel a favor de FEGADACE
Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información