Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela abriu este mes dous novos puntos informativos especializados en dano cerebral adquirido en Lalín e Mazaricos e que se suman aos que xa funcionan na Área sanitaria de Santiago e Barbanza na Estrada, Arzúa, Ribeira e Santiago. O esforzo realizado por Sarela para atender estes puntos de información encádrase no obxectivo de achegar información ás familias con dano cerebral adquirido que viven máis lonxe de Santiago e detectar as súas necesidades de atención.
A Deputación da Coruña concedeu a Sarela unha subvención de 25.086 euros dentro do “Programa FOCVAA: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2021”. A resolución foi publicada no BOP do 18 de maio. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.