Novas

  • Todas as persoas que formamos Sarela, persoas socias, xunta directiva, profesionais e persoas voluntarias, queremos desexarvos unhas felices festas e unha boa entrada de ano. Con motivo destas celebracións, o centro de Sarela estará pechado desde o día 24 de decembro até o 9 de xaneiro, ambos incluídos. O luns 10 de xaneiro os servizos retomarán a súa actividade con normalidade.

    Ler máis
    23/12/2021
  • Hoxe, 3 de decembro, preto de 90 entidades sociais galegas unímons baixo o mesmo paraugas para celebrar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. As persoas usuarias dos nosos servizos participaron na súa difusión e achegando ideas para o manifesto que o conxunto de entidades elaboramos e que podes ler a continuación.

    Ler máis
  • Hoxe presentouse a iniciativa de OCA Hotels na que participaron Lalo Crespo, director do Oca Puerta del Camino, e Luciano Fernández, secretario de Sarela. As luces do Nadal acenderanse no hotel o 2 de decembro, a partir das 18:00 horas. Haberá animación infantil, música e chocolate con churros. O donativo de 4€ será entregado integramente a Sarela.

    Ler máis
    26/11/2021
  • O venres 3 de decembro 87 entidades entidades sociais de toda Galicia conmemoran un ano máis o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa colaborativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade” para reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas.

    Ler máis
  • No 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Sarela súmase ao manifesto da Fundación Cermi Mujeres que reivindica o dereito das mulleres e nenas con discapacidade a unha vida libre de violencias.

    Ler máis
    25/11/2021
  • O xoves 2 de decembro, na véspera do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ás 18:00 h. realizarán o acendido das luces de Nadal do hotel con actividades e música para nenos e nenas e chocolate con churros para todas as persoas asistentes. A recadación deste ano será doada a Sarela.

    Ler máis
    18/11/2021
  • Hoxe botou a andar o novo proxecto de Mapis que consiste en crear un horto urbano na terraza do noso centro. Para ilo contamos cunha axuda de 2.500 euros da oficina de La Caixa na rúa Rosalía de Castro de Santiago e coa colaboración de Vicente Maneiro, un socio con dano cerebral e experto en agricultura ecolóxica, que a través do servizo de voluntariado orientará ás persoas usuarias na súa creación. Hoxe tiveron a primeira sesión de explicación e planificación do proxecto.

    Ler máis
    12/11/2021
  • Edificios iluminados en color azul para dar visibilidade ao dano cerebral

    Unha das accións que todas as entidades do movemento asociativo do Dano Cerebral impulsan con motivo do Día do DCA é a iluminación en azul de edificios e monumentos representativos de cada municipio. Un ano máis Concello e Xunta de Galicia deron visibilidade a esta discapacidade colaborando coa actividade e á que se sumaron concellos da área sanitaria. En Santiago ilumináronse o Pazo de Raxoi, a sede da Xunta de Galicia e a Cidade da Cultura.

    Ler máis

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información