Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A Xunta directiva de Sarela quere facer chegar ás familias e persoas usuarias de Sarela a seguinte carta coa información relativa aos pasos dados pola entidade para a posta en marcha dos servizos con toda a seguridade necesaria, unha vez conte coa autorización da Xunta de Galicia.
Fedace (Federación Española de Daño Cerebral Adquirido) editou esta guía con consellos útiles que axudarán ás familias no confinamento con persoas con DCA. Consellos para a orientación temporal, para as alteración de conduta, emocionais, cognitivas e para o coidado do coidador son algúns dos seus contidos.
As persoas con discapacidade que non poden soportar o confinamento indefinido, derivado do estado de alarma, poderán realizar saídas terapéuticas tal como se deriva da instrución do BOE de hoxe.
Dunha lectura rápida do citado Real Decreto Lei, a efectos das persoas con discapacidade e as súas familias, o CERMI extrae as seguintes medidas que benefician a este sector social, e que responden á demanda exposta polo CERMI aos poderes públicos en xeral e ao Goberno de España, en particular, de outorgar unha protección reforzada ás situacións de discapacidade nesta crise de saúde pública.
Dada a rapidez coa que se produciron os últimos acontecementos derivados do coronavirus, o equipo de profesionais de Sarela reuniu unha serie de recursos (vídeos, fotografías, enlace ...) para que as familias teñan unha referencia á hora de realizar os coidados e autocoidado: transferencias, exercicios físicos, Moito xa está na nosa web (https://www.sarela.org/axudas_confinamento) e irémolas ampliando e mellorando.
Con motivo da celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a Comisión da Muller do CERMI Galicia organiza o martes 10 a xornada “Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?” na que abordar a situación das mulleres con discapacidade ante as distintas violencias machistas. Rocío García, directora de Sarela, participará, xunto con outras representantes de entidades do terceiro sector, na mesa redonda “Experiencias: mulleres con discapacidade ante a violencia”
O venres 28 de marzo, o presidente de Sarela, José Balboa, recolleu o XI Premio Dereitos Humanos concedido polo Colexio de Avogados de Santiago que recoñece o traballo da entidade a favor dos dereitos das persoas con dano cerebral e súas familias. No acto de entrega, celebrado no salón nobre de Fonseca con motivo da súa festividade anual no día de San Raimundo de Peñafort, José Balboa agradeceu a concesión do premio en nome de toda a base social de Sarela.
Sarela cumprirá en decembro deste ano o seu 20 aniversario e, para celebralo, durante todo 2020 organizará distintas actividades en Santiago e nos concellos da área sanitaria. Algunha destas accións xa están en marcha e buscan dar visibilidade, sensibilizar e previr o dano cerebral adquirido; anticiparse ás necesidades futuras do colectivo e reivindicar o traballo feito nestes anos polos dereitos e calidade de vida das familias e persoas con DCA.