Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Onte a Xunta directiva de Sarela celebrou a súa primeira reunión ordinaria do ano. Nesta ocasión o órgano de dirección traballou sobre o programa de actividades a desenvolver en 2018 e en asuntos de xestión como son a execución e planificación orzamentaria. Tamén se aprobou o novo mapa de procesos de calidade dos servizos de Sarela e comezouse a preparar a asemblea xeral de socios/as deste ano.
A Xunta directiva da asociación mantivo en días pasados a súa reunión mensual na que se constituíu formalmente a dirección elixida na asemblea do pasado 2 de marzo.
Onte celebrouse no noso centro a asemblea xeral ordinaria da entidade na que se aprobaron os orzamentos para o ano en curso, a memoria de actividades de 2016 e analizáronse os proxecto en marcha da asociación así como os principais retos de futuro. Tamén se celebrou a asemblea extraordinaria na que se decidiu dar continuidade á actual directiva.