Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Os días 28 e 31 deste mes coa formación para familias para falar da prevención e manexo do estrés. Diferenzas entre ansiedade e estrés, os sinais para detectalo, a relación entre este e a aparición de enfermidades, recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Estes son algúns dos contidos da sesión formativa que conducirá Julia Lodeiro (psicóloga/neuropsicóloga en Sarela). Esta actividade será online e durará unha hora.
Un dos programas máis importantes para Sarela é o de información, orientación e apoio as familias. Crear unha rede social de apoio é unha das súas funcións e así nacen iniciativas como o apoio que as familias se dan entre si. Un exemplo son os obradoiros de informática que María José, familiar dun usuario do centro de día, imparte a outras familiares.
Nas vindeiras semanas falaremos sobre o proceso de inclusión dos pequenos e pequenas con necesidades especiais na escola, sobre como falar da diversidade e, por último, das diferentes técnicas de intervención.
Na tardiña do venres 14 de xuño vivimos un deses grandes momentos de Sarela. A sala Mozart do Auditorio encheuse de público e sobre todo da ilusión dos actores e actrices do noso centro, voluntarios, familiares e profesionais que deron vida á Fábrica de chocolates Sarela.
Martes, 14 de xuño 2016 de 16:30 a 20:30 horas no Centro de Sarela (Rúa Pedro Cabezas, 3. Santiago de Compostela)
O programa de Información e Orientación a Familias finánciase grazas á X Solidaria.