• XSolidaria 2021 png

Noticias

Está vostede a visualizar 17 noticias coa etiqueta familias

En marcha as clases online de ioga

En marcha as clases online de ioga
Quen o desexe pode inscribirse na actividade pois non existe límite de prazas. Son todos os martes ás 10:00 horas e teñen unha duración de 45 minutos aproximadamente. O monitor é Jorge Ferro, que xa dirixía a actividade cando se facía de forma presencial.
Categorías: Sarela
Tags: familias

Formación para familias sobre prevención e manexo do estrés

Formación para familias sobre prevención e manexo do estrés
Os días 28 e 31 deste mes coa formación para familias para falar da prevención e manexo do estrés. Diferenzas entre ansiedade e estrés, os sinais para detectalo, a relación entre este e a aparición de enfermidades, recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Estes son algúns dos contidos da sesión formativa que conducirá Julia Lodeiro (psicóloga/neuropsicóloga en Sarela). Esta actividade será online e durará unha hora.
Categorías: Sarela
Tags: familias

Sarela quere coñecer a realidade dos seus socios e socias en relación ás novas tecnoloxías

Sarela quere coñecer a realidade dos seus socios e socias en relación ás novas tecnoloxías
Nos últimos meses, e como consecuencia da situación sanitaria, Sarela está a poñer en marchar iniciativas nas que as novas tecnoloxías teñen un papel fundamental para a súa realización e aproveitamento polas familias como son a formación e as actividades a distancia. A enquisa busca saber a situación das familias no referente ao uso das novas tecnoloxías e buscar solucións aos problemas.
Categorías: Sarela
Tags: familias

O 25 de maio comeza a nova actividade de ioga en modalidade online

O 25 de maio comeza a nova actividade de ioga en modalidade online
A data límite de inscrición para esta primeira sesión é o día 19. A actividade estará dirixida por Jorge Ferro e que até o comezo da pandemia dirixía ao grupo de familias de forma presencial.
Categorías: Sarela
Tags: familias

Actualización da Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias do Ministerio de Sanidade.

Actualización da Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias do Ministerio de Sanidade.
O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social publicou a actualización, que realiza anualmente, da Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.
Categorías: Familias
Tags: familias, guía

'Cousas que debes saber sobre o DCA cando o teu familiar está no hospital'

'Cousas que debes saber sobre o DCA cando o teu familiar está no hospital'
FEGADACE edita unha guía imprescindible para as familias que teñen que afrontar os primeiros momentos do Dano Cerebral Adquirido. Elaborada por profesionais das asociacións galegas de DCA, a guía busca paliar a desorientación e angustia que supón unha situación que chega de forma repentina.
Categorías: FEGADACE

Continuamos coa formación impartida por e para familiares

Continuamos coa formación impartida por e para familiares
Un dos programas máis importantes para Sarela é o de información, orientación e apoio as familias. Crear unha rede social de apoio é unha das súas funcións e así nacen iniciativas como o apoio que as familias se dan entre si. Un exemplo son os obradoiros de informática que María José, familiar dun usuario do centro de día, imparte a outras familiares.
Categorías: Sarela

Novas charlas informativas para familias con nenos/as

Novas charlas informativas para familias con nenos/as
Nas vindeiras semanas falaremos sobre o proceso de inclusión dos pequenos e pequenas con necesidades especiais na escola, sobre como falar da diversidade e, por último, das diferentes técnicas de intervención.
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar