Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Harry e Jesús, usuarios do Servizo de atención diúrna ocupacional (SADOC), xa están facendo labores de voluntariado grazas ao proxecto Les facilyta. Cunha aplicación informática que descargan no seu teléfono ou tableta fan actividades que antes non podían debido aos seus problemas de memoria.
Estamos a desenvolver os proxectos “Facilyta el movimiento” e “Les facilyta” conxuntamente con asociacións de Cataluña, Castela a Mancha, Sevilla e Burgos dentro da comunidade impulsada pola Fundación Vodafone. O primeiro busca fomentar a práctica do deporte e actividade física e o segundo a implicación en tarefas de voluntariado entre as persoas con DCA e na comunidade co apoio das novas tecnoloxías.
Manifesto da Fundación CERMI Mujeres con motivo da conmemoración do 8 de marzo e no que as mulleres con discapacidade "trasladamos un ano máis as nosas reivindicacións como mulleres que permanecemos nunha situación de exclusión inxustificable".
Os obxectivos para 2017 centraranse nos procesos de transformación dixital nas contornas de vida das persoas con discapacidade que favorezan a súa plena inclusión e participación na sociedade.
Botou a andar coas sete primeiras persoas usuarias co obxectivo de favorecer a súa máxima autonomía e independencia a través da ocupación e do emprego. Para iso é fundamental o traballo individualizado con cada persoa.