Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A educadora social Noelia Parente é a coordinadora do Servizo de Atención Diúrna Ocupacional e orientadora laboral de Sarela. Recentemente participou na elaboración da primeira guía metodolóxica para a inclusión sociolaboral para persoas con dano cerebral adquirido xunto a outras entidades federadas en FEDACE. Ela explícanos o método de traballo que se deriva deste traballo así como é a situación que deben afrontar as persoas con DCA para reincorporarse a unha actividade.
Harry e Jesús, usuarios do Servizo de atención diúrna ocupacional (SADOC), xa están facendo labores de voluntariado grazas ao proxecto Les facilyta. Cunha aplicación informática que descargan no seu teléfono ou tableta fan actividades que antes non podían debido aos seus problemas de memoria.
Estamos a desenvolver os proxectos “Facilyta el movimiento” e “Les facilyta” conxuntamente con asociacións de Cataluña, Castela a Mancha, Sevilla e Burgos dentro da comunidade impulsada pola Fundación Vodafone. O primeiro busca fomentar a práctica do deporte e actividade física e o segundo a implicación en tarefas de voluntariado entre as persoas con DCA e na comunidade co apoio das novas tecnoloxías.
Os obxectivos para 2017 centraranse nos procesos de transformación dixital nas contornas de vida das persoas con discapacidade que favorezan a súa plena inclusión e participación na sociedade.