Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela foi unha das entidades encargadas de liderar proxectos dentro da comunidade #conecta2xAccesibilidad impulsada pola Fundación Vodafone España. Unha iniciativa que desenvolveu 16 proxectos de transformación dixital que buscaron facer a vida máis fácil a persoas con discapacidade grazas ao uso das novas tecnoloxías.
Sarela e Agadea somos dúas asociacións amigas que traballamos no ámbito do dano cerebral e do Alzheimer respectivamente. Desde hai unhas semanas estamos a colaborar para que Isaías, un dos nosos socios con DCA, dinamice un grupo para xogar ao boccia no centro de día de Agadea. El vai como voluntario e para iso axúdase da aplicación Mefacilyta para o teléfono.