Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Como xa informamos anteriormente, e á espera de ter a autorización administrativa, o equipo de dirección e profesionais de Sarela levan semanas preparando o centro para a súa reapertura para a atención directa. Xa se pode pedir cita previa no teléfono 981 577 037 en horario de 9:30 a 17:30 e é imprescindible atender ás indicación e protocolos de seguridade para o acceso ao centro.
Nas últimas horas tivemos a confirmación de que nas próximas semanas Sarela poderá abrir o seu centro para continuar con parte dos seus servizos, nomeadamente de rehabilitación, sempre coas máximas garantías de seguridade para as persoas. O vindeiro luns, 8 de xuño, esperamos concretar máis a información e se o desexas podes chamar ao noso centro [981 577 037] no seu horario habitual de 9:30 a 17:30.
Constatada a situación de emerxencia terapéutica e social nos fogares con persoas con dano cerebral, a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), xunto coas súas cinco asociacións membro (ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela) vén de remitir un escrito á Consellería de Política Social no que lle solicita á Xunta de Galicia que "reconsidere e rectifique" a medida anunciada o pasado venres pola que se retrasa a activación dos centros de día e ocupacionais ata o 1 de setembro de 2020.
Este mediodía a Xunta de Galicia fixo pública a decisión, aprobada hoxe mesmo en Consello de Goberno, de non autorizar a apertura dos Centros de día e ocupacionais até o mes de setembro. Esta é unha situación nova, imprevista e non desexada para nós polas evidentes consecuencias que ten para as persoas usuarias do noso centro e súas familias.
A Xunta directiva de Sarela quere facer chegar ás familias e persoas usuarias de Sarela a seguinte carta coa información relativa aos pasos dados pola entidade para a posta en marcha dos servizos con toda a seguridade necesaria, unha vez conte coa autorización da Xunta de Galicia.
Fedace (Federación Española de Daño Cerebral Adquirido) editou esta guía con consellos útiles que axudarán ás familias no confinamento con persoas con DCA. Consellos para a orientación temporal, para as alteración de conduta, emocionais, cognitivas e para o coidado do coidador son algúns dos seus contidos.
As persoas con discapacidade que non poden soportar o confinamento indefinido, derivado do estado de alarma, poderán realizar saídas terapéuticas tal como se deriva da instrución do BOE de hoxe.
Dunha lectura rápida do citado Real Decreto Lei, a efectos das persoas con discapacidade e as súas familias, o CERMI extrae as seguintes medidas que benefician a este sector social, e que responden á demanda exposta polo CERMI aos poderes públicos en xeral e ao Goberno de España, en particular, de outorgar unha protección reforzada ás situacións de discapacidade nesta crise de saúde pública.