Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
González Abeijón visitou esta maña a entidade para coñecer o funcionamento dos servizos e os proxecto. As persoas usuarias trasladáronlle a necesidade de que todas as persoas usuarias do centro de día estean vacinadas e lembráronlle que compañeiros e compañeiras seguen sen incorporarse ao servizo. O presidente de Sarela, José Balboa, agradeceu o apoio durante a crise sanitaria e trasladou un documento con propostas para a mellora da atención ao dano cerebral e das políticas sociais en xeral.
A Deputación da Coruña concedeu a Sarela unha subvención de 25.086 euros dentro do “Programa FOCVAA: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2021”. A resolución foi publicada no BOP do 18 de maio. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.
Os días 28 e 31 deste mes coa formación para familias para falar da prevención e manexo do estrés. Diferenzas entre ansiedade e estrés, os sinais para detectalo, a relación entre este e a aparición de enfermidades, recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Estes son algúns dos contidos da sesión formativa que conducirá Julia Lodeiro (psicóloga/neuropsicóloga en Sarela). Esta actividade será online e durará unha hora.
Fegadace e as cinco entidades membro celebran o 20 aniversario do movemento asociativo cun vídeo no que participan persoas con dano cerebral e un libro cos principais fitos vividos nestas dúas décadas. Amplía a información para descargar o libro e ver o vídeo.
As familias que vivan fóra de Santiago e teñan dificultades para asistir, por este motivo, á atención especializada en Sarela pode acollerse a este programa. Sarela cubre os gastos de quilometraxe ou os derivados do emprego de transporte público ou taxi.
Sarela xunto con Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral) participaron esta fin de semana neste evento que se desenvolveu no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) e que reuniu a distintas entidades sociais do ámbito da saúde.
“Somos inclusión” un é catálogo web de propostas artísticas que desenvolven entidades galegas para traballar a inclusión de persoas con diversidade funcional e/ou outras capacidades. O grupo de teatro de Sarela forma parte dos 33 proxectos iniciais que engloba o teatro, a música, a danza, as artes plásticas ou visuais e moitas outras.
Sarela celebrou o venres a súa asemblea anual de socias e socios na que tamén foron aprobadas as memorias económicas e de actividades de 2020.