Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela celebra o Día do Dano Cerebral Adquirido reclamando rehabilitación especializada para todas as persoas con esta discapacidade. Recuperou, suspendidas o ano pasado pola pandemia, a andaina pola cidade vella de Santiago e a lectura pública do manifesto do movemento asociativo na Praza do Obradoiro. Persoas con DCA leron o manifesto no que se fai fincapé, entre outras prioridades, na necesidade garantir o acceso universal á rehabilitación especializada de todas as persoas e familias.
Este é o manifesto que as 46 entidades que forman parte de FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral) leron simultaneamente hoxe, 26 de outubro, con motivo do Día do Dano Cerebral. Nel resúmense as principais reivindicacións do movemento asociativo e que este ano se centraron na reclamación dunha rehabilitación especializada para todas as persoas con DCA. Tamén podes lelo en versión de lectura fácil.
Esta é a versión en lectura fácil do manifesto do Día do Dano Cerebral 2021 que leva por título "As persoas con dano cerebral necesitamos rehabilitación especializada. Mañá podes ser ti".
Un ano máis, e van quince, Sarela celebra o martes 26 de outubro o Día do Dano Cerebral Adquirido. Este ano recuperamos como acto principal a andaina que percorrerá as rúas da cidade vella e que se suspendeu o ano pasado debido á situación sanitaria. Esa camiñada sairá desde a Alameda ás 11:00 horas até a Praza do Obradoiro. Alí, ás 12:00 h. persoas con DCA e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir do movemento asociativo.
Sarela busca os seguintes perfiles profesionais. Valorarase, entre outros requisitos, a experiencia e/ou coñecemento no ámbito da discapacidade e, en concreto, en dano cerebral adquirido. As condicións laborais e salariais son as do XV convenio colectivo de atención ás persoas con discapacidade. Esta oferta é no marco dos Programas de Cooperación para Entidades sen ánimo de lucro.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente de Sarela, José Balboa, asinaron o 2 de agosto o convenio de colaboración que, cunha contía de 3.000 euros, subvencionará a actividade de terapia acuática e física do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica.
O venres desta semana remata o prazo para inscribirse no curso de verán "A familia no novo réxime da discapacidade" da USC e que se desenvolverá os días 19, 20 e 21 deste mesmo mes na Facultade de Dereito. O obxectivo do curso é dar a coñecer a transcendencia social e xurídica da Lei pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio das persoas con discapacidade.
O reto de natación en augas abertas entre O Grove e Ribeira celebrarase o 31 de xullo. A saída será na praia de Confín e a chegada na de Coroso despois de percorrer 7,04 millas náuticas (13.038 metros). A iniciativa, que nace en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, busca visibilizar o Dano cerebral Adquirido.