Novas

  • Hoxe as federacións e redes que representan ao Terceiro Sector galego na loita contra a pobreza e a exclusión social presentaron a campaña da X Solidaria facendo unha chamada á sociedade para que marque o recadro 106 de Actividades de Interese Social na súa Declaración da Renda. No acto leuse o manifesto conxunto das entidades e que se reproduce a continuación.

    Ler máis
    08/04/2022
  • Sarela celebrou na tarde do venres a súa asemblea xeral ordinaria na que tamén foron aprobadas as memorias económicos e de actividades de 2021.

    Ler máis
    28/03/2022
  • Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta de Sarela. A cuarta edición desta travesía a nado na ría de Arousa celebrouse o 31 de xullo. A iniciativa naceu en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con DCA, que busca darlle visibilidade a esta discapacidade.

    Ler máis
    14/03/2022
  • O director do hotel OCA Puerta del Camino, Lalo Crespo, tamén fixo entrega esta mañá da recadación de 656,00 euros acadada no acendido solidario realizado nas instalacións do establecemento en Nadal, a Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, representada pola súa vicepresidenta, Concha Otero, e o secretario, Luciano Fernández Pintor.

    Ler máis
    03/02/2022
  • Todas as persoas que formamos Sarela, persoas socias, xunta directiva, profesionais e persoas voluntarias, queremos desexarvos unhas felices festas e unha boa entrada de ano. Con motivo destas celebracións, o centro de Sarela estará pechado desde o día 24 de decembro até o 9 de xaneiro, ambos incluídos. O luns 10 de xaneiro os servizos retomarán a súa actividade con normalidade.

    Ler máis
    23/12/2021
  • Hoxe presentouse a iniciativa de OCA Hotels na que participaron Lalo Crespo, director do Oca Puerta del Camino, e Luciano Fernández, secretario de Sarela. As luces do Nadal acenderanse no hotel o 2 de decembro, a partir das 18:00 horas. Haberá animación infantil, música e chocolate con churros. O donativo de 4€ será entregado integramente a Sarela.

    Ler máis
    26/11/2021
  • O xoves 2 de decembro, na véspera do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ás 18:00 h. realizarán o acendido das luces de Nadal do hotel con actividades e música para nenos e nenas e chocolate con churros para todas as persoas asistentes. A recadación deste ano será doada a Sarela.

    Ler máis
    18/11/2021
  • Edificios iluminados en color azul para dar visibilidade ao dano cerebral

    Unha das accións que todas as entidades do movemento asociativo do Dano Cerebral impulsan con motivo do Día do DCA é a iluminación en azul de edificios e monumentos representativos de cada municipio. Un ano máis Concello e Xunta de Galicia deron visibilidade a esta discapacidade colaborando coa actividade e á que se sumaron concellos da área sanitaria. En Santiago ilumináronse o Pazo de Raxoi, a sede da Xunta de Galicia e a Cidade da Cultura.

    Ler máis

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información