Como informamos o pasado día 16, a Xunta directiva de Sarela acordou non abrir o centro de día de Sarela até o 1 de setembro despois de analizar as necesidades das familias e os condicionamentos existentes. Sen embargo, as persoas usuarias deste servizo están a recibir as terapias individuais de rehabilitación e comezaron a desfrutar dun novo programa de saídas de lecer para recuperar o contacto persoal e familiarizarse, con experiencias reais, coas normas de seguridade sanitaria.