• XSolidaria 2021 png

Noticias

Está vostede a visualizar 349 noticias na categoría Sarela

Sarela cumpre 20 anos na súa defensa das persoas con dano cerebral

Sarela cumpre 20 anos na súa defensa das persoas con dano cerebral
Hoxe, 19 de decembro, Sarela cumpre 20 anos desde a súa fundación por parte dun pequeno grupo de familiares de persoas con dano cerebral. Nestas dúas décadas Sarela medrou e consolidou o seu papel central na atención ás persoas con DCA pero sobre todo foi fundamental para o recoñecemento institucional e social da que é primeira causa de discapacidade e dependencia en España.
Categorías: Sarela

20 anos en pequenos pasos

20 anos en pequenos pasos
Este sábado, 19 de decembro, Sarela está de aniversario. Hai meses que as ideas que tiñamos para celebralo quedaron desbotadas pero iso non significa que renunciemos a facelo. Hoxe comezamos cun repaso de pequenos pasos que conforman o camiño percorrido nestes 20 anos. Son momentos, compromisos, formas de traballar ou proxectos que nos marcaron.
Categorías: Sarela

Luciano Fernández, secretario de Sarela, foi elixido presidente do CERMI Galicia

Luciano Fernández, secretario de Sarela, foi elixido presidente do CERMI Galicia
O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) elixiu onte en asemblea extraordinaria a Luciano Fernández Pintor como novo presidente da entidade. Luciano Fernández é o actual secretario da Xunta Directiva de Sarela e, na súa representación, presidente de Fegadace e Fedace, as federacións galega e española de dano cerebral.
Categorías: Sarela , Discapacidade
Tags: CERMI

Bota a andar o voluntariado virtual de Sarela

Bota a andar o voluntariado virtual de Sarela
Como xa informamos estes días, o servizo de voluntariado tamén se adaptou ás novas circunstancias. Por seguridade as persoas voluntarias non poden acceder ao centro e por iso acabamos de botar a andar o voluntariado virtual coa proposta de actividades que poden ser de axuda ás familias e a Sarela. Na web iremos actualizando os postos de acción voluntaria que precisamos.
Categorías: Sarela
Tags: voluntariado

Concha Otero, vicepresidenta de Sarela, comparte no libro “A noite en que todo cambiou. A vida con DCA” a súa vivencia con Dano Cerebral

Concha Otero, vicepresidenta de Sarela, comparte no libro “A noite en que todo cambiou. A vida con DCA” a súa vivencia con Dano Cerebral
Concha Otero presentou onte o libro, editado por Hércules Edicións, coincidindo coa semana na que se celebra o Día do Dano Cerebral. Esta é unha obra que narra en primeira persoa a vivencia da familia da autora co DCA que sofre seu home Juan como consecuencia dun ictus.
Categorías: Sarela

Día do Dano Cerebral 2020

Día do Dano Cerebral 2020
Sarela celebrou un ano máis, e van catorce, a conmemoración do Día do Dano Cerebral. A situación tan excepcional pola que pasamos obrigou a cancelar non só as actividades que se realizaban os últimos anos senón tamén as planificadas pola celebración do 20 aniversario de Sarela. A nosa asociación non faltou á lectura do manifesto que cada ano recolle a visión e demandas do movemento asociativo do Estado.
Categorías: Sarela

Manifesto do Día do Dano Cerebral: "Nun contexto difícil, seguimos construíndo dignidade"

Manifesto do Día do Dano Cerebral: "Nun contexto difícil, seguimos construíndo dignidade"
Como todos os anos as entidades agrupadas en Fedace (Federación Española de Daño Cerebral) facemos público un manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral coas principais demandas do movemento asociativo. Este ano, ao non poder facer a lectura pública na Praza do Obradoiro, fixemos un vídeo no que Miguel, María, Jose Ángel e Víctor, persoas usuariasdos servizos de Sarela, poñen voz ao Dano Cerebral.
Categorías: Sarela

Sarela non renuncia a celebrar o Día do Dano Cerebral

Sarela non renuncia a celebrar o Día do Dano Cerebral
A situación pola que pasamos obriga a suspender actividades que viñamos realizando nos últimos anos como era a camiñada por Santiago ou a nosa presenza con puntos informativos en diferentes concellos da área sanitaria. Pero Sarela celebrará a Día do DCA coa lectura do manifesto do movemento asociativo, a iluminación de edificios da cidade e presenza en medios.
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar