• XSolidaria 2021 png

Noticias

Está vostede a visualizar 349 noticias na categoría Sarela

O grupo de teatro de Sarela entre as 33 propostas culturais do proxecto Somos Inclusión

O grupo de teatro de Sarela entre as 33 propostas culturais do proxecto Somos Inclusión
“Somos inclusión” un é catálogo web de propostas artísticas que desenvolven entidades galegas para traballar a inclusión de persoas con diversidade funcional e/ou outras capacidades. O grupo de teatro de Sarela forma parte dos 33 proxectos iniciais que engloba o teatro, a música, a danza, as artes plásticas ou visuais e moitas outras.
Categorías: Sarela
Tags: Teatro

Aprobada en asemblea a nova composición da xunta directiva así como os orzamentos e proxectos para 2021

Aprobada en asemblea a nova composición da xunta directiva así como os orzamentos e proxectos para 2021
Sarela celebrou o venres a súa asemblea anual de socias e socios na que tamén foron aprobadas as memorias económicas e de actividades de 2020.
Categorías: Sarela

Asemblea xeral ordinaria e asemblea extraordinaria de Sarela

Asemblea xeral ordinaria e asemblea extraordinaria de Sarela
Este venres celebrarase as persoas socias de Sarela están convocadas a asemblea xeral ordinaria de 2021 e unha asemblea extraordinaria. En semanas anteriores enviáronse ambas convocatorias así como as indicacións para a consulta de documentación e as instrucións para poder seguilas a distancia. Para calquera dúbida ou comunicar o desexo de asistir presencialmente podes contactar co noso centro no teléfono 981 577 037 ou no correo electrónico sarela@sarela.org.
Categorías: Sarela

FEGADACE e FEDACE reclaman a vacinación das persoas con dano cerebral e coidadoras

FEGADACE e FEDACE reclaman a vacinación das persoas con dano cerebral e coidadoras
O movemento asociativo considera que é imprescindible incluír ás persoas con DCA e ás persoas coidadoras entre os grupos de poboación prioritarios nos plans de vacinación. A variedade de secuelas, a existencia de pluripatoloxías asociadas, o autoconfinamento ao que se someten moitas persoas e familias polo medo ao contaxio son só algunhas das razóns que nos levan a solicitar unha vez máis unha medida que consideramos de xustiza.
Categorías: Sarela

Sarela fará desde o luns unha protesta diaria ata que as persoas con dano cerebral adquirido e con dependencia estean vacinadas

Sarela fará desde o luns unha protesta diaria ata que as persoas con dano cerebral adquirido e con dependencia estean vacinadas
A entidade toma esta decisión ante os atrasos continuados e falta de concreción sobre a súa inmunización cando paralelamente a administración competente fai anuncios relativos á vacinación de novos grupos de poboación. O equipo de Sarela tamén segue sen vacinar.
Categorías: Sarela

Chegamos ao programa 50 na nosa colaboración con Radio Estrada

Chegamos ao programa 50 na nosa colaboración con Radio Estrada
Hoxe celebramos que a colaboración que mantemos desde o mes de xuño de 2019 con Radio Estrada chegou ao seu programa número 50. Pronto faremos dous anos desde que Fran Campos comezara coas entrevistas semanais no seu programa A Galería 2.0 con motivo da apertura na Estrada dun punto de información sobre dano cerebral no centro de saúde.
Categorías: Sarela

“Reiniciando”, a canción de Favorita para as persoas con dano cerebral

“Reiniciando”, a canción de Favorita para as persoas con dano cerebral
Sarela comezou o ano co firme propósito de mirar cara adiante e afrontándoo con novos ánimos. Fixémolo da man de Favorita, un grupo da cabalo entre Santiago, Cuntis e A Estrada, e o enorme tema que fixeron para nós. “Reiniciando” é optimismo, vitalidade e afronta o dano cerebral poñendo en valor ás persoas e súas capacidades. O proxecto naceu para formar parte da representación anual da compañía de teatro de Sarela e que se tivo que suspender.
Categorías: Sarela

Felicitacións polo 20 aniversario

Felicitacións polo 20 aniversario
Con motivo da celebración do 20 aniversario de Sarela chegáronnos mensaxes de felicitación doutras entidades, amigos/as, institucións, familias etc que xuntamos nunha serie de vídeos. Na noticia podes acceder aos enlaces.
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar